Longametraxes e Documentais
Homenaxe a Alfredo Bautista Alconero, “Reisiño”, polos 25 anos do seu falecemento
Alfredo Bautista Alconero, coñecido como Reisiño para algúns e señor Rey para outros, naceu en Ponteareas e fixo do Porriño o seu fogar despois do seu matrimonio. Tras o golpe de Estado de 1936, foi detido e condenado a cadea perpetua, unha pena que foi posteriormente conmutada por 30 anos de prisión na illa de San Simón, onde, durante o seu tempo de reclusión, creou caricaturas dos seus compañeiros de prisión.

AILLADOS: A HISTORIA DA GUERRA CIVIL EN GALICIA
Martes 20 | 19.30h. | Centro Cultural do Porriño
2001 | 59’ | España | Galego
Coa presenza do director, Antón Caeiro e de familiares de Alfredo Bautista Alconero.
Dirección: Antón Caeiro Guión: Antón Caeiro, Juan Ángel Gonzáles, Clara María de Sáa Producida por: Buxoproduccións Narración: Ricardo Pita Fotografía: Antón Caeiro, Txema Rodríguez Música: Arturo Solar Xénero: Documental Vai de: A illa de San Simón, desde 1936 campo de concentración e cárcere, perdeu o seu vello pasado de cenobio e lazareto para convertirse en memoria da incivil guerra. Hoxe podemos recuperar na emoción e nos silencios das súas voces un dos episodios máis tristes da nosa recente historia. O detalle: Documental a partir de entrevistas realizadas a exconvictos entre os anos 1987 e 1992, entre eles “Reisiño”.

A continuación, un avance do filme SAN SIMÓN coa presenza do director, Miguel Ángel Delgado, e do actor Eduardo Rodríguez, “Tatán”.
O cineasta leonés Miguel Ángel Delgado, que xa pasou por Cans en anteriores edicións, debuta con este film filmado na súa maior parte na illa de San Simón. Dirección e guión: Miguel Ángel Delgado Produción: Miramemira e Morelli Producciones Xénero: Drama Vai de: Un traballo onde se indaga na memoria da illa con toda a súa carga simbólica, marcada polo seu pasado como lazareto e lugar de represión durante o franquismo.

Presentación da canción inédita do filme interpretada por AS MOSAS.
As Mosas son as irmás Uxía, Chus, Ana e Raquel Domínguez Senlle. Acompañarán coa súa música a homenaxe do Festival de Cans á figura de “Reisiño. Viviremos un momento único: a estrea de “Libertad”, o tema do filme San Simón, obra do compositor Fernando Buíde.

FILMES

ANTES DE NÓS
Xoves 22 | 20.00 h. | Círculo Recreativo Cultural do Porriño
2025 | Biopic | 84’ | España | Galego | Preestrea
Unha produción de Zenit TV e Retrincos A.I.E.
Dirección: Ángeles Huerta Produción: Zaza Ceballos Guión: Pepe Coira Dirección de fotografía: Lucía C. Pan Música: Sofía Oriana Infante Montaxe: Lucía Iglesias Elenco: Xoán Fórneas, Cris Iglesias, Nancho Novo, Miquel Insua, Victoria Teijeiro, Sergio Zearreta, Xoel Fernández, Adrián Ríos, Isabel Vallejo Vai de: Non é unha biografía convencional. Antes de nós busca entender como era Castelao, profundando nas súas emocións e nas circunstancias que deron forma á figura que todos coñecemos hoxe en día. Para iso, a película céntrase en dous episodios cruciais da vida de Castelao: o seu exercicio como médico en Rianxo durante a gran gripe de 1918 e a viaxe que realizou a Bretaña en 1929, acompañado pola súa muller Virxinia, tras a tráxica perda do seu único fillo Chuchiño, á idade de catorce anos. Esta obra levará a descubrir quen era Castelao antes de ser o Castelao que todos coñecemos; como era Galicia antes da Xeración Nós, e o matrimonio de Castelao e Virxinia antes de ser “nós”. O detalle: O filme chegará a Cans un día antes da súa estrea nos cines. É a terceira longametraxe de Ángeles Huerta logo de Esquece monelos (2017) e O corpo aberto (2022). Segundo palabras da directora: “O filme ten unha mirada moi feminina e feminista”.

PREFIRO CONDENARME
Xoves 22 | 17 h. | Círculo Recreativo do Porriño
2024 | 88’ | España | Galego
Coa presenza da directora, Margarita Ledo, e da actriz Mónica Caamaño.
Dirección: Margarita Ledo Andión Guión: Margarita Ledo e Eva Veiga Producida por: Nós Produtora Cinematográfica Galega SL Fotografía: Alberte Branco Música: Carme Rodríguez Documentalista: Soliña Barreiro Interveñen: Mónica Caamaño, Melania Cruz, Iria Pinheiro, Sagrario Ribela Nardo Beceiro e Antón Lopo Xénero: Drama documental Vai de: A historia de mil caras de Sagrario, mariscadora na ría de Ferrol, confróntanos cunha nai díscola, unha órbita familiar en perpetuo desasosego e un xuízo por adúltera aos 33 anos, en 1972, por mor dunha filla que ten co seu amante, un carpinteiro “digno de querer”. Tal unha nova Antígona, Sagrario colócase fóra da regra e ao desobedecer reivindica, canda a lei non escrita, o desexo. No fondo, a igualdade coas de “arriba” que ninguén critica. O detalle: O festival de Cans otorgoulle á xornalista, cineasta e escritora Margarita Ledo o seu premio Pedigree no ano 2022.

MONDRA MUSICA EN DIRECTO DO FILME MISS LEDYA
Venres 23 | 17.30 | Baixo de Bugarín
A de Mondra é unha das accións transversais sobre a figura do escritor, ilustrador e político galego que prepara o Festival de Cans para conmemorar o Ano Castelao.
MONDRA, cantareiro e bailador de Teo, basea a súa proposta artística nun diálogo constante entre a nosa tradición oral e outras tendencias. Así mesmo, fai uso de melodías e instrumentos de noso e reinterprétaos nun relato para hoxe e nun xogo teatral cargado de simbolismo, cunha perspectiva cuir. O artista galego experimentará co son para crear a atmosfera sonora sen renunciar á esencia da súa música e á narración do propio filme.

MISS LEDYA
1916 | 22’ | España | Muda
Dirección: José Gil Guión: Rafael López de Haro Interveñen: Fefa Sandoval, Marina Fonseca, Petra Gaztambide, Lola Quiñones, Clara Sobrino, Margarita Berbén, Alfonso R. Castelao, Fausto Otero e Antonio Blanco Porto Vai de: Miss Ledya, fermosa e excéntrica señorita norteamericana, chega a Pontevedra acompañada do seu tío, un rico financeiro ianqui. Están aloxados no hotel da Illa da Toxa, onde están de incógnito os reis de Suavia, ameazados polos anarquistas. O detalle: Considerada a primeira obra de ficción rodada en Galicia, na que Castelao interpreta o pastor protestante que na secuencia final porta unha arma para deter o anarquista Ruskin.

CRÓNICAS DUN NON
Venres 23 | 18.30 h. | Baixo de Bugarín
2025 | 85’ | España | Galego | Estrea absoluta
Coa presenza do director, Fernando Rodríguez, e do productor, Álvaro Liste
Dirección e guión: Fernando Rodríguez Produción: Serea Filmes Produción executiva: Álvaro Liste Xénero: Documental Vai de: O movemento dos insubmisos, auqeles que se negaban a cumprir o servizo militar por causas de conciencia, converteuse nos anos 90 en España nun movemento de desobediencia civil como outros en Europa. Máis dun milleiro de mozos remataron condenados nos cárceres. Un deles foi Fernando Rodríguez, Peñaño, director do documental, cuxo nome aparecía en pintadas nas que se pedía a súa liberdade, o mesmo que Goldi, Budo, Aguiño e outros mozos galegos que lideraron aquela valente revolta e forzaron ao Goberno a erradicar o servizo militar obrigatorio.