HIPPOCAMPUS
2024 | 15´ | España | Galego | Estrea en España

Dirección e montaxe: Xaime Miranda Méndez Guión e produción: Nuno Pico e Xaime Miranda Fotografía: Arián Quinteiro Intérpretes: Adrián Ríos, Lidia Veiga Xénero: Ficción Vai de: Tomás é un home que vive atrapado no pasado. Segue atormentado pola lembranza dunha tarde que pasou con Marta, o amor platónico da súa vida, moitas décadas atrás. Pero grazas a un novo dispositivo tecnolóxico, Tomás pode revivir ese momento. Unha simulación, creada coas súas lembranzas, permítelle regresar a aquela tarde. Con esa tecnoloxía experimental, Tomás volve estar cerca de Marta. E desta vez dá un paso adiante. Leva toda a vida pensando nese momento e non o vai deixar ir. A súa tristura convértese en frustración e as lembranzas, en enfermidade, mentres a percepción da realidade que o rodea se vai distorsionando ata se converter nunha prisión de eterna nostalxia, nunha imaxe conxelada na súa mente, nun bucle do que xamais poderá sair. O detalle: Xaime Miranda gañou en dúas ocasións o premio ao mellor videoclip en Cans. A curta supón o debú no guión de Nuno Pico, líder da banda Grande Amore.