Xurado

Escolle categoría: FICCIÓN E ANIMACIÓN | NON FICCIÓN (FURACÁNS) E NOVAS CAMADAS | VIDEOCLIPS | VECIÑOS E VECIÑAS

XURADO CURTAMETRAXES FICCIÓN E ANIMACIÓN

Claudia Costafreda
Claudia Costafreda, creadora, directora, guionista e actriz
Graduada na ESCAC na especialidade de Dirección, destacou xa ao comezo da súa carreira coas súas curtas Néboa e Benidorm 2017, pola que recibiu a Biznaga de Prata á mellor curtametraxe no Festival de Málaga. Tamén escribiu e dirixiu varios capítulos das series Vestidas de azul, Veneno e Superestar, creada por Nacho Vigalondo para Netflix. Foi responsable, con Ana Rujas e Los Javis, de Cardo, galardoada co premio Feroz á mellor serie dramática e co Ondas á mellor serie, entre outros recoñecementos. O próximo ano dirixirá varios dos episodios de Yo siempre a veces, para Movistar+. En 2023 recibiu o premio Márgenes Futura polo talento singular e mirada aguda cos que retratou os conflictos da súa xeración. Na actualidade, está a escribir un novo proxecto de serie e a que será a súa primeira longametraxe. É directora e guionista.
Lucía Veiga, actriz
Lucía Veiga, actriz
Coñecida polas súas aparicións en populares programas de TVG e por papeis en recoñecidas series como Rapa ou Celeste, este é o gran ano da actriz. Seleccionada aos premios Goya como actriz revelación polo filme Soy Nevenka, de Icíar Bollaín, co que levou o premio do Círculo de Escritores Cinematográficos, recibiu tamén o galardón á mellor actriz de reparto nos Mestre Mateo 2025 por As Neves, de Sonia Méndez. Nos próximos meses, poderase ver o seu traballo en varios filmes pendientes de estrea, coma Me has robado el corazón, de Chus Gutiérrez, A nadadora, de Sandra Sánchez, ou Mi íntimo amigo, de Paula Cons.
Marcos Nine, director e guionista
Marcos Nine, director e guionista
Dirixiu longametraxes documentais como A viaxe de Leslie ou A Virxe Roxa, que pasaron pola Seminci, o Festival de Málaga, Documenta Madrid ou o BAFICI arxentino. Nine foi recoñecido con máis dunha trintena de premios, entre eles sete Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. Traballou como guionista en numerosas series de éxito de TVG, coma Mareas Vivas ou Terras de Miranda; como guionista e montador, en Una historia de crímenes (2024), para Prime Vídeo, e No se lo digas a nadie (2022), de AtresMedia; e como director, en Historias de aquí (2025), para TVG.
Silvia Pontes, produtora
Silvia Pontes, produtora
Coa súa produtora Sétima foi responsable de Filmei paxaros voando (2024), de Zeltia Outeiriño, Mención Especial en L´Alternativa de Barcelona e Premio Mestre Mateo 2025; e, este mesmo ano, de Cando toco un animal, de Ángel Filgueira. Actualmente traballa na produción dos filmes As liñas discontínuas,de Anxos Fazáns, proxecto que coñeceremos na nosa sección “A que andas, e A morte nos teus ollos, de Guillermo de Oliveira, ademais de nos novos proxectos de Álvaro Gago, Javier Ferreiro e Ángel Filgueira. Silvia foi tamén directora de produción con cineastas como Jaione Camborda, Isaki Lacuesta, Sonia Méndez ou Margarita Ledo.
Juan Tallón, xornalista e escritor
Juan Tallón, xornalista e escritor
Logo de se converter a comezos da década de 2010 nun dos nomes a ter en conta da narrativa galega, Juan Tallón irrompeu nas letras españolas coas novelas Salvaje Oeste (2018) e Obra maestra (2022), xa consolidado coma unha das firmas máis destacadas do columnismo do Estado grazas ós seus artigos para os xornais El País e El Progreso e na revista Jot Down. En 2022 protagonizou o filme Escribir lo imposible, de Simone Saibene, seleccionado na Seminci, onde descobre o proceso de creación da súa novela Rewind. Acaba de publicar El mejor del mundo e é colaborador habitual na Cadena SER e no diario El Periódico.

XURADO CURTAMETRAXES NON FICCIÓN (FURACÁNS) E NOVAS CAMADAS

Marcos Flórez, montador, músico e formador
Marcos Flórez, montador, músico e formador
Socio da cooperativa Numax de Santiago, onde desenvolve o seu traballo de montador. No último ano asinou a montaxe de La guitarra flamenca de Yerai Cortés, de Antón Álvarez (C. Tangana), gañadora de dous Premios Goya, e de La marsellesa de los borrachos, de Pablo Gil Rituerto. Tamén de San Simón, de Miguel Ángel Delgado, e de Así chegou a noite, de Ángel Santos, filmes pendentes de estrea neste 2025. Como director, participou nas películas colectivas Un against the Wall motherfuckers! e Volonté, e, como músico, formou parte das bandas La Débil, RRA, Chinasky e Vietcong. É membro, ademais, do equipo de cineastas e docentes de “Cinema en curso”, proxecto de pedagoxía do cine en institutos e escolas, e é encargado da programación do WOS Festival.
Xiana do Teixeiro, cineasta, produtora e investigadora
Xiana do Teixeiro, cineasta, produtora e investigadora
Doctora en Comunicación Audiovisual pola Universitat Autónoma de Barcelona e licenciada en Xornalismo pola Southampton University, foi cofundadora, en 2008, da produtora Walkie Talke Films. A súa primeira longametraxe, o documental participativo Tódalas mulleres que coñezo, sobre espazo público, xénero e violencia, acadou premios en festivais de todo o mundo. Traballou tamén como coguionista e produtora en Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca, Mellor Documental no Festival de Málaga en 2024. É ademais autora da investigación artística “Proyecto Diario”, do filme Crías,onde reflexiona acerca dos diarios íntimos das adolescentes.
Mónica Lemos, programadora, distribuidora e mediadora de públicos de cinema
Mónica Lemos, programadora, distribuidora e mediadora de públicos de cinema
Doctora en Comunicación Audiovisual pola Universitat Autónoma de Barcelona e licenciada en Xornalismo pola Southampton University, foi cofundadora, en 2008, da produtora Walkie Talke Films. A súa primeira longametraxe, o documental participativo Tódalas mulleres que coñezo, sobre espazo público, xénero e violencia, acadou premios en festivais de todo o mundo. Traballou tamén como coguionista e produtora en Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca, Mellor Documental no Festival de Málaga en 2024. É ademais autora da investigación artística “Proyecto Diario”, do filme Crías,onde reflexiona acerca dos diarios íntimos das adolescentes.

XURADO VIDEOCLIPS

Anxos Fazáns, cineasta
Anxos Fazáns, cineasta
Formada en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, Máster de Dirección de cine na ESAC e Máster en Arte Contemporánea, Creación e Investigación, da Universidade de Vigo. Autora de varias curtas que pasaron polo Festival de Cans, estreouse no cinema co filme A estación violenta, unha adaptación do libro homónimo de Manuel Jabois. Realizou diferentes videoclips para bandas como Rabuda ou Contenedor de Mierda, o grupo do que é cantante e co que estivo a competición en Cans. Actualmente prepara a estrea do seu segundo filme como directora, As liñas discontinuas, coa súa productora Sétima.
Adrián Canoura, videoartista e cineasta
O seu traballo navega por diferentes estilos, desde proxectos híbridos entre documental e ficción ata aproximacións máis experimentais á videocreación, traballo con arquivo ou creacións máis contemporáneas. Durante estes últimos anos desenvolve diferentes propostas de cinema e música, onde destacan numerosos videoclips para grupos como Baiuca, Blanco Palamera ou Ronroneo; películas como Caerán Lóstregos do Ceo, Rexistros ou Dá morte nace a vida, entre outras. Actualmente desenvolve un novo proxecto titulado Fomos Ficando Sós.
Carlos Rego, músico e xornalista musical
Carlos Rego, músico e xornalista musical
Agora como membro do grupo Tesouro e antes en Cosecha Roja ou Burgas Beat, Carlos Rego combina desde hai anos a música cunha sólida traxectoria no xornalismo musical, como colaborador habitual da imprescindible publicación de referencia Ruta 66, de Cuadernos Efe Eme ou da Revista INviable, publicación dixital de cultura en lingua galega. Ten publicado varios libros sobre novo rock americano ou artistas como Derribos Arias, Magín Blanco ou, máis recentemente, o cantautor Bibiano.

XURADO DE VECIÑOS E VECIÑAS

Fernando Rodríguez Barbosa, “Nandi”. Ten 30 anos e traballa como operario de automoción. Criado no barrio da Carreira.

Ángeles Boente. Vive no Barrio da Graña e ten 48 anos. Traballa na empresa cárnica Coren.

Belén Ambrosio Ramilo. Ten 57 anos e traballa como limpiadora. Naceu no Barrio da Adroza, pero agora vive no barrio das Sequeiras.

Rosa Mari Quintas. Ten 62 anos e vive de toda a vida no Barrio do Sabiás.

Celso Fernández Maceira. Ten 78 anos. Xubilado da empresa Frigoulouro e cantor no grupo da nosa aldea AcordeCans. Nacido no barrio do Sabiás.