Retrospectivas

Retrospectiva internacional: curtametraxes de Alejandro Loayza

Martes 20 | 18.00 h. | Centro Cultural Porriño
Coa presenza de Alejandro Loayza.

Alejandro Loayza é un director e guionista boliviano. Inicia a súa carreira artística na fotografía fixa, realizando mostras, numerosas publicacións e gañando dous premios nacionais en Bolivia. Posteriormente salta á imaxe en movemento como director de fotografía. Atraído polas historias que se poden contar coa creación de imaxes, incursiona en guion e dirección de cinema campo no que hoxe se desempeña. A súa ópera prima Utama, proxectada en Cans, estreouse no Festival de Sundance 2022 onde obtivo o Gran Premio na World Dramatic Competition. Ademais deste premio a película obtivo máis dunha corentena de galardóns e participou en máis de 80 festivais internacionais.

POLVO de emiliano longo
POLVO
2018 | 15’ | Bolivia | Castelán | Estrea en España
Dirección e guión: Emiliano Longo Fotografía: Alejandro Loayza Grisi Produción: Emiliano Longo, Juan Pablo Richter, Miguel Nina Elenco: Yecid Benavides, Ángel Careaga, Bernardo Arancibia Flores Vai de: Nun mundo distópico, un mozo sen oportunidades toma un risco impensado para poder gozar de algo prohibido, rodeado de sucios e secos anacos dunha sociedade que busca como sobrevivir á carencia absoluta. Aborda unha narrativa sobre o esgotamento da auga.
DOCHERA
DOCHERA
2018 | 16’ | Bolivia | Castelán | Estrea en España
Dirección e guión: Álvaro Manzano Fotografía: Alejandro Loayza Grisi Produción: Camila Molina W. Elenco: Ignacio Calderón, Paolo Mariaca, Valentina Villalpando Vai de: Todas as tardes, Benjamín Laredo crea o crucigrama que sairá ao día seguinte no xornal. Un día, despois de entregar que lle correspondía coñece a Dochera, unha muller que o deixa prendado. Ao non saber como atopala comeza a deixar mensaxes ocultas nos crucigramas para que ela os lea e poder reunirse novamente.
EL CUENTO DE MAX Y EMMA
EL CUENTO DE MAX Y EMMA
2020 | 20’ | Bolivia | Castelán | Estrea en España
Dirección e guión: Juan Pablo Richter Fotografía: Alejandro Loayza Grisi Produción: Nakai Mirtanbaum, Jennie Epstein, Quim del Río, Juan Pablo Richter Elenco: Nakai Mirtenbaum, Iran Zeitun, Quim del Rio Vai de: Despois de anos, Max e Emma reúnense para enterrar ao seu coidador. Un caderno e a aparición dunha nena descoñecida levarán a Max a enfrontarse aos terroríficos acontecementos da súa infancia.

Retrospectiva de curtas fora de concurso: Extracans

Sábado 24 | 10.30 h. | Baixo de Carlos
Coa presenza de Nerea Barros, Daniel Sánchez Arévalo, María Vázquez e Marcos Varela.

Unha sección para darlle visibilidade ás obras de directores, actrices e actores que estarán este ano presentes en Cans.

MEMORIA
MEMORIA
2023 | 15’ | España
Dirección e guión: Nerea Barros Fotografía: Raquel Fernández Núñez Montaxe: Julia Juániz Son: David Machado Producido por: Doc Land Films Vai de: Un vello pescador e a súa neta saen na procura do Mar de Arán, un mar desaparecido e un adianto en décadas ao que hoxe en día supón o cambio climático O detalle: O traballo debú na dirección de Nerea Barros, foi recoñecido como finalista dos Premios Goya á mellor curta documental en 2023 e seleccionada en máis de 60 festivais do mundo.
PIPIOLOS
PIPIOLOS
2024 | 24’ | España | Estrea en Galicia
Dirección e guión: Daniel Sánchez Arévalo Produción: Bijoux Content, Filmakers Monkeys, Tinnitus Fotografía: Rafa García Música: Morgana Acevedo Reparto: Marta Etura, Nur Levi, Diego García, Iker Ruiz Vai de: Dúas nais, dous fillos. Unha nova unidade familiar, unha nova normalidade. Isto é o que esperaban Pilar e Isabel durante a semana de vacacións nunha casa rural,  que os seus respectivos fillos de 13 anos lograsen entender a súa relación e o seu amor e aceptarse como o que terán que ser: irmáns O detalle: Estrea en Galicia da nova curta de Daniel Sánchez Arévalo, precedida de premios como a Biznaga de Prata a mellor dirección no Festival de Málaga ou o Roel de Oro á mellor curta no Festival de Medina del Campo.
A SOMBRA DO CASTIÑEIRO
A SOMBRA DO CASTIÑEIRO
2024 | 24’ | España | Estrea en Galicia
Dirección e guión: Marcos Varela Director de Fotografía: Luis Medel Montaxe: Jimena Jurado Música: Beltrán Garcés Reparto: María Vázquez e Manuel Cortés. Vai de: O día despois do enterro do seu pai, Manuel espera a chegada da súa irmá Olalla. Non se fala con ela desde hai vinte anos, cando marchou da casa sen avisar logo de morrer a súa nai. Agora Olalla regresa coa idea de entender a decisión do seu irmán de condenar a súa vida a quedar para sempre naquel lugar recóndito e desenterrar vellas feridas do pasado.O detalle: Estrea en Galicia desta curta de Marcos Varela, cineasta que traballa desde hai anos en Madrid. Antes pasou pola competición do Festival de Aranjuez.

Retrospectiva: 30 anos de curtametraxes de Alfonso Zarauza

Sábado 24 | 13.30 h. | Baixo de Carlos
Coa presenza de Alfonso Zarauza.

A DANZA DE KATIUSKA
A DANZA DE KATIUSKA
1998 | 15’ | España | Galego | Premio a Mellor Actor e Fotografía nos Premios Agapi 1999
Dirección e guión: Alfonso Zarauza Fotografía: Ricky R. Morgade Maquillaxe: Raquel Fidalgo Elenco: Luis Tosar e Uxía Gago Vai de: Celestino é un mozo anarquista que todas as noites de lúa acude á praza dos catro gatos para ver danzar a Katiuska, pero esa noite pídelle que dance para el porque ao mencer terá que facer algo moi importante.
FLÂNEUR EN COMPOSTELA
FLÂNEUR EN COMPOSTELA
2020 | 20’ | España | Galego
Dirección e guión: Alfonso Zarauza Produción: Alfonso Zarauza, Martín Calviño Fotografía: Alberte Branco, Isaura Docampo Montaxe: Alba Gallego Composición e deseño sonoro: Nacho Muñoz Vai de: Peza experimental sobre a esencia da alma tabernaria e bohemia de Santiago de Compostela, ameazada pola especulación e o turismo. Formada por dez fragmentos en forma de micro escenas rodadas en 16mm, moitas delas dende a fiestra e arredores do propio domicilio do autor, completados por textos autorreflexivos sobre a súa propia cidade.
INTÉRPRETES
INTÉRPRETES
2021 | 10’ | España | Galego
Texo e idea fílmica: Alfonso Zarauza Montaxe: Alba Gallego Música: Nacho Muñoz Elenco: Melania Cruz, Ledicia Sola, Marta Lado, Anaël Snoek, Antonio Durán “Morris”, o can Lusco e o cabalo Careta Vai de: o director reflexiona sobre a súa relación cos actores e actrices coas que traballa desde que filmou a súa primeira curtametraxe poñendo o aceno en que case sempre son as mesmas persoas pola relación de confianza e xenerosidade mutua que se precisa. Feita sobre as imaxes dos filmes Ons e Malencolía.
PAROLA DE LADO E SOLA
PAROLA DE LADO E SOLA
2022 | 3’ | España | Galego
Dirección e guión: Alfonso Zarauza Produción: Sofía Arangüena Fotografía: Alberte Branco Edición: Vanessa García Elenco: Marta Lado, Ledicia Sola, Alfonso Zarauza, Susana Sampedro Vai de: Marta Lado e Ledicia rexouban con retranca nunha cafetería sobre a situación das actrices no cinema galego cando o aposto director Alfonso Zarauza, que andaban a criticar, irrompe e senta ao seu carón.
SEBASTIÁN
2001 | 6’ | España | Galego
Dirección e guión: Alfonso Zarauza Fotografía: Alberte Branco Elenco: Diego Anido e Elena Valiño Vai de: Sebastián lembra coa choiva a última noite que pasou cunha rapaza.
TORO
2002 | 6’ | España | Galego
Dirección e guión: Alfonso Zarauza Elenco: Manuel Carbonell, Sonia García, Roque Vega Vai de: Esta é a historia de TORO.  A agonizante recreación dunha corrida de touros vista desde o único punto de vista dun touro.