Información xeral

>>> Descarga o Tríptico – Programa.

PUNTO DE ASISTENCIA SANITARIA E PUNTO LILA

O Festival de Cans dispón durante as xornadas de venres e sábado dun punto permanente de asistencia sanitaria sito no baixo do local parroquial. Alí, Merchi Sánchez, coordina o equipo médico, que coida de nós os días do evento.

Ademáis, en colaboración co Concello do Porriño, tamén disponse dun Punto Lila, de información e prevención sobre a violencia de xénero, que, estará instalado, diante do punto médico o venres e o sábado en xornada diurna e ó carón do cemiterio durante os concertos e actividades nocturnas.

POSTO DE MERCHANDISING DO FESTIVAL

Recolle as entradas para as seccións a concurso e seccións paralelas | Compra “Cans”, moeda oficial do festival.

Durante o festival é o mellor lugar para mercar un recordo. Dende a popular camiseta ata chaveiros, pegatinas, tazas ou imáns de pedra para poner na neveira.

  • Mércores, 21 de maio | De 21.00h a 23.30h | Torreiro de Cans.
  • Xoves, 22 de maio | De 16.30h a 22.30h | Círculo Recreativo Cultural de O Porriño.
  • Venres, 23 de maio | De 16.30h a 22.30h | Estrada de acceso ao Torreiro de Cans.
  • Sábado, 24 de maio | De 11.00h a 22.30h | Estrada de acceso ao Torreiro de Cans.

ONDE XANTAR

Durante o festival

> Parque do río

Nesta zona, preparada para o lecer de toda a familia, poderedes desfrutar dun agradable xantar á beira do río. Hai diferentes opcións de comida. No espazo poderes atopar os seguintes postos:

  • Panadería Erundina.
  • Supersugar.
  • El Alambre del Abuelo.
  • A Leñeira Pizzas.
  • Severino Pulpeiro.
  • Paso a Nivel.

apb9891

Durante todo o ano

> Bar Fortes

O Bar Fortes é o bar máis emblemático de Cans, leva máis de cen anos facendo de pousada, casa de xantares e tenda de ultramarinos. Durante o ano está sempre moi concurrido e é un bo lugar para xantar comida caseira. Durante o festival non serven comidas en mesa, pero si bocadillos ou tapas.

Tlf. 986331142

> O Rincón de Olga

A nosa veciña Olga rexenta este bar de tapas sito a un quilómetro do Torreiro en dirección Ponteareas na antiga carretera nacional. Olga é unha cociñeira de longa traxectoria e con moito oficio e iso nótase nas riquísimas tapas que serve. Tamén ten un menú económico e fai comidas por encargo como cocido ou callos.

Tlf. 675214231

> Bar ViladeCans

Tlf. 605 593703

ONDE DURMIR

> Hotel Parque

Atópase no centro de O Porriño, no Parque do Cristo. Ten unha fermosa terraza baixo as árbores. É un dos hoteis que ten parte reservada pola organización. A parada onde se colle o bus para Cans encóntrase moi próxima ao hotel.

Tlf. 986331604

> Hostal Maracaibo

Recentemente reformado, o Maracaibo está sito en pleno Camiño Portugués, á beira da Igrexa de San Benito. No bar do hostal serven boas tapas e bocadillos. A parada do bus de Cans está a cinco minutos andando.

Tlf. 986330901

> Hostal Louro

Posiblemente o hostal máis económico do pobo. En pleno centro, xusto ao lado do paso a nivel e moi preto do albergue de peregrinos. A parada de autobús para subir a Cans atópase moi próxima.

Tlf. 986330048

> Hotel Azul

Tamén no centro de O Porriño, na Avenida de Galicia. Hotel moi económico, cun gran parking público ao lado. Do hotel á parada de bus de Cans hai poucos minutos camiñando.

Tlf. 986330032

> Hostal El Puente

Hostal construido recentemente, é maiormente utilizado entre semana por traballadores do Polígono Industrial de As Gándaras. Ten boas habitacións a bo prezo. Está na estrada vella deTui. A zona ten aparcamento e a parada de autobús de Cans está a dez minutos andando.

Tlf. 986348094

> Hotel Alfonso I

Situado a 10 quilómetros de Porriño na antiga estrada de Tui conta cunhas magníficas instalacións. En ocasións, é un dos hoteis que reserva a organización. Foi renovado no ano 2020.

Tlf. 986607060

> No Porriño hai unha boa oferta de apartamentos turísticos, podes atopalos en diferentes plataformas de reservas.

ONDE MERCAR

> Artesanía Candán

No barrio das Sequeiras, vindo dende O Porriño para Cans, á esquerda está o espazo de exposición e obradoiro do noso artesán Paco Candán, autor do célebre Can de Pedra, premio que distingue aos gañadores do festival.

Premio Can de Pedra

> Tía Tata

Tenda especializada en artículos infantís. Durante o ano é un dos espazos onde se pode mercar merchandising do festival, xa que conta cunha licenza específica para a venda do mesmo. Está en O Porriño, nos soportais, moi cerca do marabilloso edificio do Concello.

> Xoiería Covelo

Os Covelo son unha familia de gran tradición na artesanía xoieira do noso pobo. A xoiería está sita ao lado da igrexa de O Porriño. Colaboradores do festival, no seu obradoiro fabrican pendentes, colgantes e pulseiras en prata de lei coa silueta do can. Fan poucas unidades, convén encargalos previamente.

> Tenda online do festival

Ademáis das tendas e espazos físicos que se especifican, o festival ten aberta todo o ano a súa tenda virtual. Nela pode mercarse merchandising e tamén as demandadas entradas nas semanas previas previas ao evento.

MERCADILLO

En Cans tamén temos o noso mercadillo, ao estilo do Rastro ou de Can-den Town, productos cool con bos prezos. Aquí poderás encontrar xoiería, xabóns, zapatos, coiro e moito máis.

  • Malas Herbas Artesanía.
  • Arte Terra.
  • PlaymoRey.
  • Senda coiro e metal.
  • Angkor Artesanía.
  • Henko joyería urbana.
  • Lulinto.
  • Zapatería Tamanca.
  • Sol Naciente.
  • Almadiversa Joyería.
  • Balam Artesanías.
  • Xabón Eiras.
  • Interior(mente).
  • Herbas Meigas.
  • As Mozas.
  • Mapa.