Noite das Homenaxes
Venres 23 | 22.00 h. | Leira do Río

Premio Pedigree 2025: ALFONSO ZARAUZA
Sumámonos á celebración dos 30 anos de Alfonso Zarauza no audiovisual con este Premio Pedigree 2025. Zarauza é un director de longametraxes que están na memoria e no corazón de todos: Ons, Encallados ou Os fenómenos, por citar tres films ben recordados. O Festival de Cans honra así a traxectoria do director, guionista e produtor, quen sempre amosou nos seus filmes unha especial sensibilidade polos temas sociais e pola lingua galega como ferramenta para comunicar o seu cinema por todo o mundo. Ademais, queremos recoñecer a súa labor como produtor de filmes de realizadoras máis novas; entre eles, Arima, de Jaione Camborda, ou As augas, de Ledicia Sola. Alfonso Zarauza é un indispensable no festival de Cans.

Chimpín de Prata Premio Pepe Puime: NEREA BARROS
A actriz e directora Nerea Barros debutou no cinema aos 16 anos, coa película Nena, de Xavier Bermúdez, con quen volveu colaborar en Rafael (2008). O seu primeiro papel relevante na pequena pantalla chegoulle con Matalobos, da Televisión de Galicia, antes de se converter, en 2013, nunha intérprete moi popular grazas á súa participación na serie El tiempo entre costuras. En 2014 recibiu o Premio Goya á Mellor Actriz Revelación, por La isla mínima, de Alberto Rodríguez, e, como directora, en 2022 foi finalista dos Goya á Mellor Curta Documental, por Memoria. O Festival de Cans recoñece a súa traxectoria e o seu apoio sempre xeneroso ao noso certame.

Chimpín de Prata Premio Divina Campos: UXÍA SENLLE
Este ano cúmprense 40 anos da carreira de Uxía e queremos premiar o seu traballo tanto como cantante e creadora, como produtora e impulsora de grupos de mulleres pandereteiras: as Malvela, as Cantareiras do Berbés ou a Señora Carme. Nos últimos anos, dirixiu tamén os documentais Acorda e Acordamos, cos que afondou no seu compromiso coa memoria histórica. Uxía é unha embaixadora fiel do Festival de Cans, que promove por todo o mundo. Ten acompañado coas súas cancións o roteiro de Xurxo Souto, e a súa fermosa voz soou nos escenarios do noso festival a canda das de Tony Lomba, Kepa Junkera ou Lontreira. Uxía é, sempre, unha das nosas.

Chimpín de Prata: ADRIANO CAMPOS BARGIELA
Adriano Campos chegou aos 91 anos cheo de vitalidade. Sabemos que o señor Adriano é memoria viva da aldea, por iso nesta edición temos o orgullo de recompensarlle, co Chimpín de Prata, a súa xenerosidade e as contribucións que fixo a algúns dos documentais colectivos que impulsa o festival, sen esquecer as veces que foi membro no xurado dos veciños e veciñas nin a súa enerxía incombustible como actor, un dos máis veteranos de Galicia, na compañía Teatro Fontevella. Tivo ademais un papel clave no asociacionismo local: primeiro presidente da Asociación de veciños de Cans e figura fundamental na loita pola construción dun centro cultural e pola iluminación pública e outros servizos básicos para a parroquia.

Estrelas no Torreiro
ALFONSO ZARAUZA
Venres 23 | 21.30 h. | Torreiro de Cans

Venres 23 | 21.30 h. | Torreiro de Cans

DANIEL SÁNCHEZ AREVÁLO
Sábado 24 | 13.15 h. | Torreiro de Cans

Sábado 24 | 13.15 h. | Torreiro de Cans

Inauguración da Rúa Efémera Cruz Risco
Martes 20 | 10.30 h. | Camiño do Jalpón de Aurora

As Rúas Efémeras son a homenaxe que o Festival de Cans lles fai ás persoas que tiveron unha contribución relevante no ámbito do cinema e do audiovisual en Galicia. Cada ano reivindicamos a figura de persoeiros desaparecidos para crear unha camiñada emocional que se poder completar nos días que dura o festival. O nome da xornalista e cineasta Cruz Risco únese nesta edición a unha guía de rúas nas que xa están as placas dedicadas a Chano Piñeiro, Pilar Pereira, María Casares, Roberto Vidal Bolaño e a produtora Dolores Ben.
Homenaxe ao Can de Cans
Mércores 21 | 20.30 h. | Rotonda de Adroza

O Can de Pedra, situado na rotonda de entrada á aldea, é un dos grandes símbolos do festival. Aí, sempre entre grande expectación, arranca cada edición coa descuberta do novo traxe do Can, deseñado para a ocasión.
Placa a Adriano Campos no muro dos chimpíns
Mércores 21 | 21.00 h. | Muro dos Chimpíns, na baixada ao río de Cans

Desde 2015, o Muro dos Chimpíns é o espazo de homenaxe a todos os veciños e veciñas que recibiron o Chimpín de Prata ‘Premio Pepe Puime’, o galardón que o festival concede a aquelas persoas que destacan polo seu fantástico traballo para facer grande o Festival de Cans. Este ano súmase, merecidamente, a placa de honra ao querido Adriano Campos.
Placa homenaxe a Alicia Sánchez
Mércores 21 | 21.15 h. | Na casa de Alicia

No mes de xaneiro deixounos a señora Alicia; Alicia Sánchez, icona do Festival de Cans e unha das veciñas máis emblemáticas no municipio do Porriño, falecida en Santiago un día antes de facer os 97 anos. En Cans sempre será lembrada polo carácter afable que tiña e pola xenerosidade á hora de ceder a súa leira e o seu jalpón para coloquios e proxeccións. Na leira de Alicia conversaron cineastas como José Luís Cuerda, Rodrigo Sorogoyen ou Fernando León, e intérpretes como Leonor Watling e Tristán Ulloa, e vivimos concertos máxicos coma o de Iván Ferreiro. A señora Alicia era das nosas.
Noite das veciñas e veciños
Mércores 21 | 21.30 h. | Torreiro de Cans

Unha noite especial para as veciñas e os veciños da aldea, na que viviremos a colocación da placa de homenaxe a unha muller benquerida da parroquia, Alicia Sánchez. O programa inclúe as actuacións de Acordecans e das Pandereteiras de Cans e a presentación dos libros Memorias de Carmen González (Carme da Cavadiña) e Unha veciña de película: a excursión a Cans, de Iria Misa, ademais da estrea do cantar de cego sobre o accidente de Cans, de Pancho Álvarez, e a proxección dun documental sobre aquel sinistro, A traxedia de Cans, do noso Proxecto 303.
Gala entrega de premios
Sábado 24 | 23.00 h. | Espazo Estrella Galicia Leira do Río

A gala é o momento de máis nervios e emoción entre todas e todos os participantes nas diferentes categorías do concurso. A lectura do palmarés e a entrega dos premios dá paso aos concertos de peche desta edición do festival.
Procesións de Chimpíns

Dos momentos máis agardados e divertidos do festival son os desfiles de chimpíns que levan aos convidados e convidadas nun percorrido pola aldea e as rúas de Porriño, sempre amenizados pola mellor música tradicional.
- Xoves 22 | 19.30 h. | Dende a Praza do arquitecto Antonio Palacios ata o Círculo Recreativo do Porriño | Amenizan Os Zoqueiros.
- Venres 23 | 21.30 h. | Dende o Can de Pedra ata a Leira do Río | Ameniza a Treboada Virxe do Alivio.
- Sábado 24 | 15.30 h. | Dende a casa de Rafa e Paz ata o Torreiro | Ameniza a Banda de gaitas San Xurxo de Mosende.