Coloquios / Encontros
Escolle actividade: Coloquios no torreiro | Encontros dálle caña | Encontros AISGE con actores/actrices | Cineherdanzas | Masterclass subtitulado/accesibilidade | Mesa proxecta | Coloquio AGAPI impulsa | Café con CREA | Encontro co cineasta ALFONSO ZARAUZA
COLOQUIO ESTRELLA GALICIA

Sábado 24 | 12.00 h. | Torreiro de Cans
Curtido no mundo da curtametraxe, no que dirixiu con éxito unha ducia de filmes, Sánchez Arévalo deu un gran paso como cineasta en 2006 co seu filme Azul oscuro casi negro, co que competiu no Festival de Venecia e acadou o premio Goya á dirección novel. Desde entón rodou cinco longametraxes e acaba de filmar a sexta, Rondallas, moi relacionada coa comarca da Louriña e con varias formacións musicais do Porriño. O cine de Arévalo móvese sempre nunha fina liña entre a comedia e o drama, facendo reflexionar o espectador sobre conflictos da sociedade actual: a intranquilidade polo futuro, a obesidade ou os traumas. Arévalo é tamén recoñecido por asumir riscos na dirección de actores e sacar o mellor de intérpretes como Antonio de la Torre, Quim Gutiérrez ou Raúl Arévalo.
ENCONTRO “ANTES DE NÓS”
Xoves 22 | 13.00 h. | Torreiro de Cans
Coa directora, ÁNGELES HUERTA, e protagonistas do filme: XOÁN FÓRNEAS, CRIS IGLESIAS e NANCHO NOVO
Un espazo para compartir opinións entre a directora do filme, Ángeles Huerta, e algúns dos e das intérpretes. Xuntos analizarán a rodaxe e experiencias na preparación dos personaxes que nos permitirá coñecer unha perspectiva máis enriquecedora da película.




Encontro co cineasta ALFONSO ZARAUZA “Nunca deixará de chover no meu cinema”

O premio Pedigree desta edición, o director, productor e guionista, ALFONSO ZARAUZA, celebra 30 anos dedicado ao audiovisual. Este cineasta clave na historia recente do cinema en Galicia, e asiduo do festival, sobe a o Torreiro para contar a súa longa experiencia profesional na súa exitosa traxectoria.
ENCONTROS DÁLLE CAÑA ESTRELLA GALICIA!
Nos encontros Dálle Caña! xuntamos os realizadores e realizadoras das categorías a competición para falar co público sobre as súas creacións.

Cineherdanzas
Martes 20 | 11.00 h. | Baixo de Carlos
Con XAIME VARELA SIEIRO e ISABEL RISCO
Na pasada edición presentamos esta nova sección dedicada ao cinema de patrimonio e arquivo. Baixo o nome de Cineherdanzas, recuperamos e analizamos unha parte da memoria audiovisual galega. Este ano, o profesor Xaime Varela achegará o traballo descoñecido dunha cineasta galega pioneira, Cruz Risco, tía da actriz Isabel Risco, que tamén nos acompañará.

En 1989, a poeta e xornalista Eva Veiga entrevistou a Cruz Risco para a TVG, onde fala dun documental que gravou en Galicia nos anos 70, un filme “etnográfico”, en palabras de Risco, muller que pasou inadvertida e invisibilizada no cinema.Cruz Martínez-Risco (Ourense,1943-1992) é a primeira cineasta con intención profesional da que se ten noticia en Galicia. Filla do intelectual galeguista Vicente Risco, formouse como cineasta a mediados dos anos 70 na Universidade de Vicennes, preto de París. Sábese que dirixiu varios filmes, todos documentados, pero de difícil recuperación. Traballou en películas como Toque de queda, de Iñaki Núñez, Río de sombras, de Dani Domínguez, ou Esperanza, de Chano Piñeiro.
Masterclass sobre subtitulado + Proxección curta “4 esquinitas”

Con PABLO ROMERO-FRESCO
A metodoloxía do realizador e profesor Pablo Romero-Fresco sobre os procesos de subtitulado é unha das maiores achegas en investigación na industria audiovisual galega dos últimos anos. Unha clase na que falará de subtitulado desde dúas vías: a da importancia para o público con dificultades de visión e audición, e a da oportunidade de proxección das linguas minorizadas a partir dun subtitulado correcto.
ENCONTROS AISGE CON ACTORES E ACTRICES
A fundación AISGE, que xestiona os dereitos de propiedade intelectual dxs intérpretes, dobladorxs, bailarinxs, e directorxs de escena de Galicia apadriña, un ano máis, unha serie de coloquios que nos achegan aos retos e desafíos que deben afrontar, ou que dan a coñecer importantes iniciativas culturais do sector.
ACTRICES E ACTORES: TRABALLAR EN SERIES PRODUCIDAS EN GALICIA
Mércores 21 | 11.00 h. | Baixo de Carlos
Co actor ADRIÁN RÍOS e as actrices SABELA HERMIDA e ISABEL BLANCO, tamén delegada en Galicia da Fundación AISGE, acompañados por FRANCISCO GIMÉNEZ MERCHANTE, director da Área de Socios e Reparto de Dereitos de AISGE.
A Fundación AISGE está a traballar nun estudo sobre a situación laboral das actrices e actores nas series de televisión producidas en Galicia. Cal é a situación dos intérpretes nas series que se producen en Galicia? Hai traballo para actrices e actores en todas as franxas de idade? Aumentaron as posibilidades laborais na produción audiovisual? Moitas preguntas ás que lle dar resposta neste encontro.
Xoves 22 | 11.30 h. | Torreiro de Cans
Coas actrices e actores UXÍA BLANCO, EDUARDO RODRÍGUEZ “TATÁN”, LUMA GÓMEZ, AURORA MESTRE, FERNANDO MORÁN e MANUEL BOTANA. Acompañados polo coordinador da área asistencial de AISGE, IVÁN ARPA.
Os libros autobiográficos do #TallerDeLaMemoria da Fundación AISGE, con protagonistas de Galicia, continúan presentando a interesante vida das caras máis veteranas e populares. Os actores e actrices protagonistas desta iniciativa contarán como afrontan este ambicioso proxecto. Intérpretes ben recoñecidos para o público polos seus traballos tanto nos teatros como nas series e o cinema achéganse a Cans para compartir a súa experiencia.

AS SERIES E AS PLATAFORMAS: UNHA NOVA VÍA PARA OS INTÉRPRETES
Venres 23 | 13.00 h. | Torreiro de Cans
Con TAMAR NOVAS, MARÍA VÁZQUEZ, LUCÍA VEIGA e NEREA BARROS.
Tamar reúne en Cans a tres das nosas grandes actrices. María, Lucía e Nerea, habituais no cinema, e ultimamente nas series en plataformas, conversan no Torreiro arredor do cambio de paradigma na súa profesión coa irrupción do modelo das plataformas.
Coloquio AGAPI impulsa
Mércores 21 | 12.30 h. | Baixo de Carlos
O festival de Cans pon o foco no talento emerxente máis novo. Unha reunión de cineastas que non chegan aos 30 anos para trazar sinerxías, tratar de coñecer modelos de produción alternativos e darlle visibilidade aos seus proxectos.

POR UN PUÑADO DE PELLETS, de Marcos Montiel e Hugo Clemente.
Documental autoxestionado que narra o impacto da perda dun contenedor de pellets plásticos do cargueiro Toconao, que en 2023 inundou as praias das rías galegas de centos de milleiros de boiliñas de biomasa.

CANGURO, de Alba Pego.
O documental afonda na vida cotiá de catro familias galegas que se enfrontan ao reto de criar os seus fillos prematuros.

DESPOIS DE GRECIA, de Irene Pin.
Un proxecto de ficción que conta a historia dunha muller nova que viaxa a un campo de refuxiados en Grecia para ensinar inglés.

VEN EN ONDADAS, de Ariadna Cordal e Dani Cornes.
Un proxecto de ficción, ambientado na década de 1980, que explora o impacto do turismo en Galicia, a tradición pesqueira e as tensións entre o local e o estranxeiro.

BOANAI, de Uliane Tatit.
Neste proxecto de ficción, Tatiana, inmigrante brasileira, traballa como prostituta na Coruña, e debe enfrontarse a sucesos traumáticos unha vez embarazada.
MESA GALIZA-PORTUGAL: Por fin creando un circuito para filmes?
Xoves 22 | 10.30 h. | Baixo de Carlos | Apadriña PROXECTA
Coa presenza de PAULO PINTO, cineasta e programador de Ler Cinema (Paredes de Coura), RICARDO DE CAMPOS, artista e programador do Cine Teatro João Verde (Monção), e ANDREA VILLA, xornalista e codirectora do Festival Carballo Interplay.
O Festival de Cans quere impulsar un circuíto de exhibición de filmes entre Galiza e o Norte de Portugal. Unha idea para buscar novos públicos para as películas ás dúas beiras do Miño e fomentar a visibilidade de autoras e autores. Tŕatase de intercambiar cinema e experiencias. Entendémonos nunha suposta mesma lingua? Que podemos intercambiar?



CAFÉ DROMEDARIO CON CREA
Venres 23 | 10.00 h. | Baixo de Carlos
Cos cineastas ALEJANDRO LOAYZA e CLAUDIA COSTAFREDA. Modera PABLO FONTENLA de CREA
Un diálogo de intercambio de ideas e reflexións sobre xeitos de facer cinema entre o director boliviano convidado ao Festival, Alejandro Loayza, e a guionista Claudia Costafreda, creadora da serie Cardo e guionista da serie Vestidas de azul, sobre a xeración de mulleres trans que precedeu a Veneno. Modera o director e realizador de CREA, Pablo Fontenla.Unha conversa aberta a todo o público, mentres se degusta con calma un café Dromedario.


