BOCA DE ASNO
2025 | 9’40” | España | Galego| Estrea absoluta

Dirección e guión: Carlos Calvar Tomé Produción: Sara Herbón e María Ruíz-Falcó Montaxe: Néstor Ares e Carlos Calvar Fotografía: Albert G. Casademunt Banda sonora: Ples Vetra Música: Damián Riobó Brañas Xénero: Ficción Intérpretes: Lidia Veiga, Denís Gómez, Adrián Outeda, Marko Otero, Anxo Solla, José González Froján, Marina Yuan e Mauri Costa Vai de: En metade da pandemia polo coronavirus, Ximena érguese con moita fame. Unha mañá máis, as súas accións repítense coma se dun mal chiste se tratase. Outro día da marmota transcorre, ata que un pequeno detalle o cambia todo: hai que levar unha tixola vella ao punto verde. Ao longo desta surrealista epopea, Ximena cruzarase cunha tartaruga, unha banda de música balcánica, un mimo vestido de gaivota e ata cun arrogante empresario co ego tan grande coma a súa falta de educación. Un tropezo desafortunado converte a rutina en carnaza para a fritideira, nunha explosión chea de sangue, humor negro e moita música. O detalle: Segunda curtametraxe do director pontevedrés Carlos Calvar, formado como cinesta na escola barcelonesa Band à Part.