AUDIOVISUAL E MÚSICA

Apadriña REI ZENTOLO

CLIPS DE CAAMAÑO&AMEIXEIRAS
Venres 23 | 18.30 h. | Jalpón do Invernadoiro de Juan e Mucha do Peso

Inspiran o seu traballo no universo popular, creadoras dunha atmosfera onde a maxia e a relixión conflúen. Sempre co rural como punto de partida e coas mulleres como epicentro. Unha interesante mirada de construcción colectiva, buscando provocar unha reflexión máis alá do musical.

1. MARIBEL / 2019 / 3’ 28” / Dirección: Sonia García e Antía Ameixeiras
2. FLORENCIO / 2021 / 2’ 54” / Dirección: Antía Ameixeiras
3. MANEO DE CAMBRE (Feat. Silvia Pérez Cruz e Carola Ortiz) / 2021 / 4’ 48” / Dirección e guión: Lucía Estévez / Con Raquel Espada e Fran Martínez
4. AI DE MIN / 2023 / 4’ 48” / Dirección e fotografía: David Silva / Dirección creativa: Melania Freire / Dirección de arte: Judith Adataberna
5. A PEQUENA MORTE / 2023 / 4’ 11” / Dirección e fotografía: David Silva / Idea orixinal: Melania Freire
6. CATRO COUSAS / Con Rodrigo Cuevas / 2024 / 4’ 36”/ Dirección: Jorge Rojas

VIDEOPOEMAS LÚA MOSQUETERA
Sábado 24 | 17.00 h. | Jalpón do Invernadoiro de Juan e Mucha do Peso

A escritora, natural de Miño, é un referente do spoken word e gañadora do Poetry Slam Galiza. Ten cinco libros publicados e a súa poesía íntima, feminista e rabios convertérona nun dos grandes fenómenos poéticos xurdidos en Galicia nos últimos anos.

1. RASRÁS / 2018 / 5’ 40” / Dirección: Aigi Boga / Música: Rubén Mosquera (Moriarty)
2. REGUETÓN / 2021 / 4’ 10” / Dirección: Aigi Boga / Música: Moriarty
3. O ENTERRO DA SARDIÑA / 2022 / 4’ 19” / Dirección: Bastián Rodríguez / Música: Pablo Seijas e Lilaina
4. YO VIVO / 2022 / 5’ 10” / Dirección: Bastián Rodríguez / Música: Pablo Seijas
5. AGITAR / 2021 / 2’ 14” / Videoclip de BALA / Letra: Lúa Mosquetera / Dirección: Javier García-Suárez

PROXECCIÓN E CONCERTO SUSANA SEIVANE CUARTETO
Sábado 24 | 20:30 h. | Jalpón e Invernadoiro de Juan e Mucha do Peso

Son Seivane
2024 | 18’ | Galego
Dirección: Xosé Antón Bocixa Produción: Tingaralanga Audiovisual Coa participación de: Álvaro, Saínza e Xosé Manuel Seivane, Patricia Hermida, Xurxo Souto, Manolo Maseda e Fani Ramos Vai de: Susana, dunha familia cun obradoiro histórico de gaitas,  saca o seu primeiro disco no ano 1999, en pleno “boom das gaitas”, e arrinca así unha traxectoria que a converte nun nome imprescindible da música tradicional.
Seivane protagonizará un dos momentos máis especiais de Cans 2025, no que será o seu primeiro concerto en Galicia tras un ano afastada dos escenarios, e co que nos sumaremos á homenaxe polos 25 anos de carreira da artista. En Sete, o seu séptimo álbum, a gaiteira achégase a enfoques contemporáneos, máis sonoros e vibrantes, cun contido máis grave e poderoso, pero sen perder a esencia da autenticidade da súa interpretación.