Amparanoia

Venres 20 | 23.30 h. | Espazo Estrella Galicia da Leira do Río
Capacidade: 1300 persoas

Amparanoia está de volta co seu novo disco Himnopsis colectiva (Mamita Records, 2021). Logo de revolucionar o panorama musical en 1997 con El Poder de Machín e de consolidarse con álbums como La vida te da (2005) e o Bye Bye Tour (2008), Amparo Sánchez, en formato trío, convídate agora a bailar e espertar a golpe de cumbia rebaixada, western, rock hipnótico fronteirizo, reggae caribeño, pop progresivo, electrónica, latín e ritmos urbanos. Son cancións que propoñen saír da hipnose a través de himnos que conteñen unha definición e un propósito, onde a música nos conecta a nivel colectivo e nos transporta para chegar, en palabras do grupo, “a unha mellor conexión co noso gran poder”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

three + twenty =