AMARO FERREIRO

Venres 4 | 21 h. | Espazo Estrella Galicia da Leira do Río | Aforo: 300 persoas sentadas (só con entrada mercada anticipadamente) | Prezo actuación + Noite homenaxes: 7 € 

Só co título do seu novo álbum, Personajes secundarios, é fácil facerse unha idea da importancia que o cinema e a arte de contar historias teñen na música de Amaro Ferreiro. Vémolo en Desesperadamente, tema principal de Litus, película dirixida por Dani de la Orden, ou en Homicidio involuntario, case unha canción documental na que se critica tanto ao anterior xefe do estado español como a Valtonyc. 

Así, unha sorte de escolma de cortos con forma de cancións, será o repertorio que Amaro interpretará nesta edición do festival de Cans. “O mundo é dos secundarios”, asegura o artista. “Que sería de De Niro sen Pesci, do Quixote sen Sancho ou de Coltrane sen Monk?”. Por aí van os tiros.