Cans Participa

Proxecto Cans 303

Mércores 21 | 21.30 h. | Torreiro de Cans

O Proxecto Cans 303, documental colectivo coordinado por Juanma LoDo, e no que traballan alumnas e alumnos da aldea de varias xeracións, busca preservar ano tras ano a memoria da aldea, sustentada sobre todo na testemuña oral das persoas de máis idade.

Proxecto cans 303
A traxedia de Cans
2025 | 21´| Galego | Estrea absoluta

Coordinador: Juanma LoDo Coa colaboración de: Angel Rodríguez, Rober Novás, Fefi Senlle, Juan López, Roi Vidal Ponte, Jacobo Areal, Manuel Sío Vai de: Un documental sobre os 70 anos do tráxico accidente que marcou toda unha xeración. En febreiro de 1955, 31 persoas morreron tras incendiarse un autobús que envorcou diante da escola infantil, xusto no lugar onde hoxe está o monumento que lembra o suceso. O equipo do documental tamén rescatou un histórico cantar de cego arredor desta traxedia, musicado polo multiinstrumentista Pancho Álvarez, que os cegos interpretaban e cuxa copia vendían de feira en feira.

Exposicións

Exposición Reisiño
Exposición REISIÑO, O PRISIONEIRO DEBUXANTE
Desde o sábado, 17 maio | 20.00 h. | Círculo Recreativo Cultural do Porriño
Alfredo Bautista Alconero, Reisiño para uns, señor Rey para outros, naceu en Ponteareas, pero marchou vivir ao Porriño cando casou. Foi detido, logo do golpe de Estado de 1936, e condenado a cadea perpetua. Conmutáronlle a pena por 30 anos de prisioneiro na illa de San Simón, onde fixo caricaturas dos que estaban alí recluídos. Reisiño era unha persoa moi popular no pobo e moi vinculada ao deporte. Traballou en Zeltia e foi adestrador deportivo. Esta exposición enmarcase dentro da liña que ten o festival de recuperar a memoria democrática. .
Exposición O Bichero width=
Exposición O BICHERO
Apertura: Venres 23 | 19.00h. | No Cans Voulevar
Os jalpóns, os chimpíns, as galiñas ou a chegada de caras coñecidas ao noso festival son protagonistas das viñetas coas que o xenial debuxante Luis Davila, O Bichero, sempre consegue arrincarnos unha gargallada. Esta expo é unha retrospectiva viva que continúa medrando cada ano.

Roteiros

Roteiro Iria Misa
Roteiro de cine e literatura con IRIA MISA
Mércores 21 en sesión dobre | 10.00 h. e 12.00 h. | Saída desde o Torreiro de Cans
Este ano haberá roteiro novo coa escritora Iria Misa, a partir do seu libro Unha veciña de película: a excursión a Cans. Un percorrido que pasa polos espazos máis icónicos da aldea, no que Cans se converte no epicentro das narracións da cineasta pioneira, e tan pouco recoñecida, Alice Guy.
Roteiro Carlos Meixide
Roteiro de cine e literatura con CARLOS MEIXIDE
Xoves 22 e Venres 23 | 10.00 h. | Saída do Torreiro de Cans
O escritor Carlos Meixide acompáñanos aos recunchos menos coñecidos da parroquia, onde transcorre Cans, a súa popular novela de aventuras para público adolescente. Pódense visitar da man do escritor os lugares reais nos que acontece a trama, na que se relacionan directores de cine con personaxes da aldea. É unha das rutas máis populares entre os institutos de Galicia.
Roteiro Xurxo Souto
Cansonoro, roteiro musical con XURXO SOUTO
Sábado 24 | 10.00 h. | Saída da rotonda do Can
Como xa é tradición no Festival de Cans, Xurxo Souto, escritor e cantante, guiará un paseo no que repasará a historia e tradición musical da aldea de Cans. Este ano, a ruta está baseada no documental A traxedia de Cans, o accidente que marcou a aldea hai 70 anos.

Pintar o Cine

Xoves 22 | De 15.00h a 21.00 h. | Rúa peonil
Apadriña Pinturas Damián Domínguez

Pintar o Cine
Consiste en plasmar en directo un proxecto que debe ter relación ou inspiración na escena dun filme e que inclúa a silueta do can de Cans. Os artistas crean a súa pintura nun máximo de seis horas, ao longo da tarde e ante o público. Nesta edición créase un novo premio, á terceira mellor obra; e o novo colaborador, Pinturas Damián Domínguez, doará un lote de pinturas e pinceis a todos e todas as participantes.

Tapas de Cine co chef Juan Carlos Perret do Kero Restaurante

Xoves 22 | 18.30 h. | Praza do Concello

Tapas de Cine
Formado con cociñeiros como Martín Berasategui ou os irmáns Roca, Perret preparará en Cans a Tapa Castelao co gallo da estrea do filme Antes de nós; unha demostración culinaria na que colabora Estrella Galicia. Perret parte dunha cociña peruana desenfadada e limpa, irmandada con produtos galegos e sempre respectuosa coa denominación de orixe.