Minicans
APADRIÑAN: GADIS, SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA E CÍRCULO RECREATIVO CULTURAL

Concerto de Ukelele de Batea, con ANTÓN KE
Sábado 24 | 13.30 h. | A Leiriña
Ukelele e looper instrumentan a proposta dun músico con longa experiencia, composicións propias en lingua galega e letras a prol da nosa cultura e a defensa do medio ambiente e dos dereitos humanos: música para vibrar e pensar.

A CAIXIÑA DOS MISTOS
Sábado 24 | 16.00 h. | Zona infantil do parque do Río
Nenas e nenos gozan cada ano dunha selección de curtametraxes de animación para público infantil no interior dunha caravana dos anos sesenta, acondicionada como sala de cinema.

OBRADOIRO CINEMA DE BARRO
Sábado 24 | 16.00 h. | Zona infantil do parque do Río
O artesán e profesor Ricardo García, membro dunha familia de oleiros, impartirá un obradoiro onde o barro, o cinema e os emblemas do festival se fundirán nunha soa idea.

POLO CORREO DO VENTO COAS PANDERETEIRAS DE CANS
Sábado 24 | 16.00 h. | Cuberto de Antonio
Un espectáculo participativo a través de contos, música e debuxos en directo. Este ano a narración combinará proxecións de arquivos de recollida de cancións tradicionais, para homenaxear, con música, ás cantareiras, nunha proposta coa que nos queremos sumar ao Día das Letras Galegas. A presenza das Cantareiras de Cans na actividade descubrirá figuras senlleiras do noso patrimonio oral.

VOILÀ LE CINEMA!
Con Leucoíña Pasea
Sábado 24 | 17.00 h. | A Leiriña
Un espectáculo para familias de contos e cancións relacionados co cinema. Os protagonistas das historias lembran a personaxes de películas ben coñecidos por toda a rapazada.

CINE DE HISTORIAS DA MAN DE ALICE GUY
Con Raquel Queizás e Iria Misa
Sábado 24 | 20:30 h. | Cuberto de Pato
Un espectáculo que mestura narración co teatro e o cinema para espertar nas nenas e nenos o amor polo cine a través da pioneira Alice Guy. Alicia foi a primeira cineasta en dirixir un filme de ficción, ademais de actriz, guionista, camarógrafa, productora, cómica ou maga. A actividade visibiliza dun xeito didáctico o traballo desta grande artista.

Concerto con XAN PÉREZ E ANTÓN LAGO
Sábado 24 | 20:30 h. | A Leiriña
O dúo promete música para bailar e diversión nunha actuación que toma como punto de partida a música popular da tradición oral. Coas creacións instrumentais encherán a leiriña de moita festa, moito baile, microdoses de virtuosismo e altas cantidades de emoción.