CARRACEDO

2024 | 16’ | España | Galego e castelán | Estrea en España

CARRACEDO

Dirección, guión, produción e fotografía: Manuel Lucas Mariño Montaxe: Gaspar Broullón Elenco: Xosé Lois Vázquez Carracedo Vai de: No obradoiro de Sito a madeira convértese en música. Cada peza pasa polas súas mans sen présa, respectando tempos que hoxe parecen doutro mundo. Non busca a perfección, senón ese punto exacto onde se atopan o posible e o necesario. Coa precisión que dá a experiencia, mide sen regras, calcula sen precipitarse e deixa que a madeira dite o seu propio camiño. Entre ferramentas gastadas, labras no chan e un silencio só interrompido polo son do torno, vai tomando forma unha gaita única. Cada burato, cada axuste e cada peza ensamblada reflicte algo máis ca un proceso de fabricación: son a expresión dunha forma de vida que perdura nun mundo onde a inmediatez o invade todo. Sito é único, un artesán obsesionado cun saber que pouco a pouco vai esmorecendo, pero que mantén vivo con cada gaita que sae das súas mans. A música tradicional non só se fai soar, tamén se constrúe, e no taller de Carracedo, entre as serraduras e a madeira, segue a bater coa mesma forza de sempre O detalle: O director Manuel Lucas, membro da banda De Ninghures, retrata ao singular luthier e investigador Sito Carracedo.