Fillas e fillos de Cans
Venres 23 | 16.00 h. | Baixo de Carlos
Esta sección, feita coa colaboración de CREA (Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización), é un dos grandes escaparates dos filmes que en poucos meses chegarán ás pantallas. Por vez primeira vemos, de xeito exclusivo, imaxes de filmes en fase de rodaxe, en posprodución ou que aínda non empezaron os seu percorrido por festivais. Imaxes inéditas de filmes: algo emocionante, un feito sempre máxico para os cinéfilos.

DESPOIS DAS CIDADES
Coa presenza do director, Xacio Baño
Dirección e guión: Xacio Baño. Estudou Cinematografía na Universidade de León espacializándose en montaxe. Coas súas curtas Estereocopía, Anacos e Ser e voltar, marcou un fito en Cans por ser o único curtametraxista que gañou tres veces o Can de Pedra do xurado na categoría de Ficción. Logo de Trote, agora presenta a súa segunda longametraxe Despois das cidades. Produción: Rebordelos Xénero: Documental Vai de: Desde hai anos, Xacio foi acumulando postais escritas sobre Santiago ao longo de máis de cen anos. O obxectivo era observar como os demais narran a cidade que non é súa, e que marcan un xeito de ficción con intermediarios que transmiten cadansúa idea. Un xeito de entender a cidade desde a mirada do outro, do turista. Estado: En fase de posprodución.

TRALOVENTO
Coa presenza do director, Eloy Domínguez.
Dirección e guión: Eloy Domínguez. Foi laureado co Can de Pedra á Mellor Curta no Festival de Cans; pola súa curtametraxe Rompente levou o premio á Mellor Curta de Ficción en 2022, e con Os Corpos gañou na categoría de Furacáns en 2020. Antes rodara as longas No Cow in the ice, en 2015, e Hamada, en 2018. Produción: Zeitun Filmes e Asterisk (Grecia) Xénero: Ficción Vai de: Unha historia rural, de vida en comunidade, de sentido de pertenza, nun contexto conflictivo alimentado pola intención dunha empresa eléctrica de instalar un parque eólico que divide aos veciños e afecta ás terras. Estado: En fase de posprodución.

AS LIÑAS DISCONTINUAS
Coa presenza da directora, Anxos Fazáns, e da productora, Silvia Fuentes.
Dirección e guión: Anxos Fazáns. Unha cineasta ben coñecida no Festival de Cans, onde se presentou como curtametraxista e onde poidemos ver a estrea do seu filme A estación violenta, que pasou por festivais coma o BAFICI de Buenos Aires, o SEFF de Sevilla ou o SANFIC de Santiago de Chile. Produción: Sétima, compañía que fundou con Silvia Fuentes. Xénero: Ficción Vai de: Bea, unha muller de 50 anos que atravesa un divorcio coñece a Denís, un rapaz trans de 25 anos. Xurde entre eles unha forte atracción que provocará cambios substanciais na vida da protagonista. Estado: En fase de posprodución.

FOMOS FICANDO SÓS
Coa presenza do director, Adrián Canoura.
Dirección e guión: Adrián Canoura. O cineasta de Burela, un dos creadores máis arriscados da actual escena audiovisual galega, é ben coñecido no Festival, xa que, ademais de pasar pola categoría de Furacans, venceu en dúas ocasións na categoría de videoclips. As creacións de Canoura sempre están marcadas pola etnografía e a antropoloxía, que forman parte da súa identidade visual. Fomos ficando sós será a súa primeira longametraxe. Produción: Zeitun Filmes Xénero: Documental Vai de: O propio cineasta, fillo de capitán de barco, atopa unhas vellas cintas gravadas polo seu pai, Raúl, durante varias mareas en diferentes etapas. Estas cintas amosan unha vida, un mundo cada vez máis esquecido e que Adrián intenta reconstruír navegando co seu pai no barco familiar Estado: En proceso de posprodución.

ASÍ CHEGOU A NOITE
Coa presenza do director, Ángel Santos.
Dirección e guión: Ángel Santos. É o cineasta que máis premios conqueriu nunha soa edición do Festival de Cans. A súa curta Alicia fai cousas gañou catro premios na XX edición, entre eles o de Mellor Curta de Ficción. Autor dunha prolífica obra cómo curtametraxista, esta será a súa segunda longa despois de Las altas presiones, estreada en Cans en 2014 e que obtivo o premio Nuevas Olas no Festival de Sevilla. Produción: Maruxiña Filmes Xénero: Ficción Vai de: Un filme sobre un artista que decide retirarse a unha afastada zona rural co obxectivo de crear unha residencia artística. Esta búsqueda do aillamento vese truncada cando recibe a visita de Andrea, unha antiga amante que lle provoca a necesidade dunha nova fuxida. Estado: Pendente de estrea en festivais.