Proxecto Cans 303
Mércores 21 | 21.30 h. | Torreiro de Cans
O Proxecto Cans 303, documental colectivo coordinado por Juanma LoDo, e no que traballan alumnas e alumnos da aldea de varias xeracións, busca preservar ano tras ano a memoria da aldea, sustentada sobre todo na testemuña oral das persoas de máis idade.

2025 | 21´| Galego | Estrea absoluta
Coordinador: Juanma LoDo Coa colaboración de: Angel Rodríguez, Rober Novás, Fefi Senlle, Juan López, Roi Vidal Ponte, Jacobo Areal, Manuel Sío Vai de: Un documental sobre os 70 anos do tráxico accidente que marcou toda unha xeración. En febreiro de 1955, 31 persoas morreron tras incendiarse un autobús que envorcou diante da escola infantil, xusto no lugar onde hoxe está o monumento que lembra o suceso. O equipo do documental tamén rescatou un histórico cantar de cego arredor desta traxedia, musicado polo multiinstrumentista Pancho Álvarez, que os cegos interpretaban e cuxa copia vendían de feira en feira.
Exposicións

Desde o sábado, 17 maio | 20.00 h. | Círculo Recreativo Cultural do Porriño
Alfredo Bautista Alconero, Reisiño para uns, señor Rey para outros, naceu en Ponteareas, pero marchou vivir ao Porriño cando casou. Foi detido, logo do golpe de Estado de 1936, e condenado a cadea perpetua. Conmutáronlle a pena por 30 anos de prisioneiro na illa de San Simón, onde fixo caricaturas dos que estaban alí recluídos. Reisiño era unha persoa moi popular no pobo e moi vinculada ao deporte. Traballou en Zeltia e foi adestrador deportivo. Esta exposición enmarcase dentro da liña que ten o festival de recuperar a memoria democrática. .

Apertura: Venres 23 | 19.00h. | No Cans Voulevar
Os jalpóns, os chimpíns, as galiñas ou a chegada de caras coñecidas ao noso festival son protagonistas das viñetas coas que o xenial debuxante Luis Davila, O Bichero, sempre consegue arrincarnos unha gargallada. Esta expo é unha retrospectiva viva que continúa medrando cada ano.
Roteiros

Mércores 21 en sesión dobre | 10.00 h. e 12.00 h. | Saída desde o Torreiro de Cans
Este ano haberá roteiro novo coa escritora Iria Misa, a partir do seu libro Unha veciña de película: a excursión a Cans. Un percorrido que pasa polos espazos máis icónicos da aldea, no que Cans se converte no epicentro das narracións da cineasta pioneira, e tan pouco recoñecida, Alice Guy.

Xoves 22 e Venres 23 | 10.00 h. | Saída do Torreiro de Cans
O escritor Carlos Meixide acompáñanos aos recunchos menos coñecidos da parroquia, onde transcorre Cans, a súa popular novela de aventuras para público adolescente. Pódense visitar da man do escritor os lugares reais nos que acontece a trama, na que se relacionan directores de cine con personaxes da aldea. É unha das rutas máis populares entre os institutos de Galicia.

Sábado 24 | 10.00 h. | Saída da rotonda do Can
Como xa é tradición no Festival de Cans, Xurxo Souto, escritor e cantante, guiará un paseo no que repasará a historia e tradición musical da aldea de Cans. Este ano, a ruta está baseada no documental A traxedia de Cans, o accidente que marcou a aldea hai 70 anos.
Pintar o Cine
Xoves 22 | De 15.00h a 21.00 h. | Rúa peonil
Apadriña Pinturas Damián Domínguez

Tapas de Cine co chef Juan Carlos Perret do Kero Restaurante
Xoves 22 | 18.30 h. | Praza do Concello
