Segundo prazo de venda de entradas

Lembrade que o Festival de Cans abrirá este xoves 11 de maio ás 10h00 o segundo prazo de venda de entradas que dan acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 27 de maio. As entradas, que se poderán adquirir en tenda.festivaldecans.com ata o día 17 de maio, terán un custe de 12€. O lugar de recollida será  o posto de merchandising do festival durante o venres e o sábado do evento. Ademais, os compradores poderán recoller tamén de forma gratuíta durante os días do festival o catálogo con información ampliada de todas as actividades.

Nesta ocasión tamén estarán á venda entradas simples para actividades individuais como a proxección de Mar de fondo, -o documental de Dani Guzmán sobre o Prestige- (100 entradas, 3€), a proxección do filme Linko (75 entradas, 3€) o espectáculo para nenos e nenas de Polo Correo do Vento (50 entradas, 3€), o espectáculo infantil musical de O Trío do Acivro (50 entradas, 3€), a proxección de Frágil equilibrio con concerto de Uxía (60 entradas, 5€) e a escolma de pezas audiovisuais de Radio Océano con actuación da banda (60 entradas, 5€).

Consello: lede sempre as condicións de compra. Alí estará toda a información útil de recollida de entradas e horarios.

O resto das entradas venderanse o día 19 de maio ás 19h00 no Torreiro de Cans. Estarán á venda entradas de todo tipo, no caso de estar aínda dispoñibles.