O xurado de videoclips premia “Vision”, dirixido por Peque Varela para Window Pane

A Praza do Concello acolleu onte a celebración da Noite LASAL co concurso de videoclips no que se proxectaron dezanove pezas e no que se puido ver unha mostra das propostas musicais e audiovisuais galegas máis recentes. O evento pechouse coa actuación de Aries, que enfeitizou ao público co seu pop electrónico cheo de luminosidade, voces e harmonías.

O xurado formado por Carlos Alberto Alonso –músico e realizador-, Patricia Moon –cantante, música e compositora- e Paco Serén –músico, realizador e produtor- decidiron outorgar o seu premio a “Vision”, videoclip dirixido por Peque Varela para Window Pane. Destacaron da peza “o seu risco, os xogos visuais e o seu ritmo facendo dela unha proposta maxistral de motion graphics que transmite ao mesmo tempo agresividade e contemporaneidade”.