Mobilidade

RECOMENDACIÓN XERAL

En Cans hai moi pouco espacio para aparcar, por este motivo durante os días do festival recomendamos subir a Cans dende O Porriño nos buses que habilita a organización!

COMO CHEGAR A O PORRIÑO

Chegar en coche

A principal vía de acceso a Cans é a Autovía das Rías Baixas que une O Porriño e Benavente. A salida de Cans é a 303 pero está cortada os días do festival.

Por este motivo, aconsellamos coller a salida 305 (O Porriño), atópase moi preto das zonas de aparcamento habilitadas pola organización.

Distancias:

  • De Vigo a 15 minutos.
  • De Pontevedra a 30 minutos.
  • De Ourense a 45 minutos.
  • De Santiago a 1 hora.
  • De A Coruña a 90 minutos.
  • Da fronteira con Portugal a 15 minutos.
  • De Oporto a 1 hora.
  • Do outro Festival de Cannes a 15 horas.

Chegar en bus

Cans é unha aldea ben comunicada por bus. Durante o ano, paran buses cada media hora, que van dende Vigo a Ponteareas, A Cañiza ou Mondariz.

Durante o festival está cortada a estrada e as paradas son no Porriño diante do Hotel Internacional e o Instituto.

Hai tamén buses ao Porriño cada media hora dende a Estación de autobuses de Vigo. A parada de autobús do Porriño encóntrase a 2 minutos camiñando do lugar dende onde saen as lanzadeiras cara o festival.

Chegar en tren

A mellor opción é vir en tren ata Vigo e despois coller un autobús ata O Porriño.

Só hai dúas frecuencias que cheguen directamente ao Porriño dende Vigo, Pontevedra ou Redondela.

Chegar en avión

Para os que vides de fóra de Galicia.

Cans atópase a 15 minutos do Aeroporto de Peinador (Vigo). Dende alí ata O Porriño hai a opción de coller un taxi ou ir á Estación de autobuses de Vigo e coller un bus.

Se vides en avión tamén poden ser boas alternativas o aeroporto do Porto (Portugal) e o de Santiago de Compostela, ambos encóntranse a 75 minutos do Porriño. Hai conexión regulares de buses cos voos, normalmente ata a Estación de autobuses de Vigo.

Chegar en bici

Cans é un lugar bastante accesible que non está a moita distancia de cidades como Vigo. Cada vez recibimos máis consultas de xente que decide vir en bici ó festival e estamos encantados de que así sexa. Estamos estudando un lugar específico de parking de bicis. Se vides en bici, consultar coa organización con antelación.

DO PORRIÑO A CANS

Por que non aparcar en Cans?

En Cans hai moi pouco espazo para aparcar, e o tramo máis próximo ao festival estará pechado ao tráfico o venres pola tarde e o sábado todo o día para que tod@s poidamos estar máis cómod@s.

Polo ben común é mellor aparcar no Porriño e subir a Cans nos buses habilitados pola organización.

Entón, onde aparco?

Temos dúas zonas de aparcamento:

  • Parking Antonio Palacios, sito ao carón do Colexio Hermanos Quiroga (a 400 metros da saída 305 da autovía e a 10 minutos de Cans).
  • Parking Pavillón Polideportivo do Porriño (a 500 metros da saída 305 da autovía e a 10 minutos de Cans).
  • Parking Restaurante Guanabara (a 800 metros da saída 305 da autovía e a 5 minutos de Cans).

Onde collo o bus?

O bus ten 4 paradas:

  • O Porriño centro (na Avda. Antonio Palacios, na outra beira da Cafetería Nova Maroma).
  • Hotel Internacional / Instituto (para os que aparquen no Pavillón do Porriño).
  • Restaurante Guanabara.
  • Cans (rotonda de Adroza, ao carón da estatua do Can de Pedra).

Que horarios ten o bus?

  • Venres de 16.00h a 3.30h.
  • Sábado de 9h30 a 4h.

Servizo de ida e volta cada 30 minutos.

Como funciona?

O bus custa 1€ ida e volta. Pagas 1€ e podes subir e baixar no horario que ti queiras.

Consultar Mapa de MOBILIDADE

MOBILIDADE INTERNA

O festival conta cunha brigada de Guías dos Camiños, nenos e nenas da parroquia que resolven in situ calquera dúbida que poida surxir. Van identificados con petos amarelos.

OS CHIMPIBUSES

En Cans desfrutamos dun medio de transporte propio, único e xenuino, os chimpibuses. Estes pequenos pequenos tractores domésticos transportan aos invitadxs nas distintas “procesións” que teñen lugar o xoves, o venres e o sábado.

Tamén son utilizados para o transporte de mercancías nos días previos e posteriores ao festival, son unha parte importante no montaxe e desmontaxe do evento.

¡NOVIDADE! Este ano, con motivo do XX Aniversario, volvemos ás orixes, e os chimpibuses transportarán ás persoas con entrada para as Seccións a Concurso ata as salas de proxección, no primeiro pase, desde as 16.15h ata as 17h.

8852786775_836e6518d9_k