A Aldea

Situación

Cans é unha parroquia do Concello de O Porriño sita na comarca do Val da Louriña, enclavada entre o Monte Castelo e o Monte de A Risca.

Vertébrase arredor da Autovía das Rías Baixas, da antiga estrada N-120 e do río Couso, sendo historicamente un lugar de tránsito para as persoas e mercancías que realizaban a ruta Vigo – Madrid.

A parroquia que ronda os 450 habitantes, encóntrase moi preto do núcleo urbano de O Porriño; non obstante, os seus usos e costumes pertencen a un universo plenamente rural, campos de labranza, galiñeiros, canastros ou cortellos de porcos conforman a súa cotianidade.

O día 26 de decembro a parroquia celebra a festa do patrón, Santo Estevo de Cans, onde os veciños da aldea levan a cabo a cerimonia da entrega do ramo.

Qué visitar

> Can de Pedra

O Can de Pedra é unha das grandes atraccións de Cans durante o festival, pero tamén durante todo o ano. Esculpido en pedra e erguido encima dun penedo alcanza tres metros de altura.

Moitas persoas páranse a facer unha foto coa escultura, a tradición di que ésta debe facerse co Monte Castelo de fondo!

Instalado na rotonda de entrada de Cans pola N-120, vendo dende O Porriño, foi doado ao Festival de Cans no ano 2010 pola familia Godoy Maceira, empresarios do sector da pedra.

Perro de Piedra

> Torreiro das Estrelas

Xusto á beira da Igrexa de Cans atópase este espacio que rende tributo a todas as grandes personalidades do cine que levan pasado pola aldea.

Cada unha das lousas de pedra co debuxo dunha estrela corresponde a un homenaxeado, teñen a súa Luis Tosar, Isabel Coixet, Fernando León, Mabel Ribera, Celso Bugallo, Javier Gutiérrez ou José Luis Cuerda. No medio da estrela sempre hai dous buratos onde os homenaxeados deixan as súas “pezuñas” reais.

> Muro dos Chimpíns

Cada ano, o Festival de Cans concede un chimpín de prata honorífico para recoñecer o traballo desinteresado que moitos veciños fan polo evento. No Muro dos Chimpíns quedan instalados para sempre os seus nomes esculpidos nun chimpín metálico. O muro está no camiño que baixa dende a igrexa ata o cemiterio, ruta principal dos chimpíns.

> Monte Castelo

O Monte Castelo, tamén coñecido como “O Pianista” ou “Pedra de Beethoven”, pola silueta que ofrece dende o alto do Confurco, é a montaña que vixía Cans. No século XV estivo no seu cumio o Castelo de Mirabel do que aínda quedan restos. Dende arriba hai unha excepcional vista do Val da Louriña. Pódese subir andando dende o cemiterio de Cans ou en coche dende O Confurco.

> Os Muíños das Laxes

Na estrada N-120 de Porriño a Ponteareas, entre Cans e a aldea de Couso, atópase a ruta dos Muíños das Laxes. Hai cerca dunha ducia de muíños rehabilitados. O traxecto ten moito desnivel pero paga a pena facelo, non leva máis de 1 hora entre subir e baixar.

Para acceder, o mellor é aparcar o coche á beira da nave de Transportes Souto, según se chega dende O Porriño ao Confurco á dereita. Dende aí, está sinalada a ruta.

> Monumento do Accidente de Cans

En febreiro do ano 1955 aconteceu unha enorme traxedia que marcou para sempre a moitos nenos e nenas da aldea. Un autobús que ía a Ponteareas envorcou diante da escola vella e prendeu lume. Morreron 42 persoas. No lugar hai hoxe un monumento sufragado por emigrantes de Salceda, Tui, Mos e O Porriño e sempre hai persoas anónimas que poñen flores en memoria dos falecidos. Está enfronte do bar O Rincón de Olga.