Querer a Cans

Nunha ocasión, un recoñecido publicista comentou que a esencia do impacto da marca no público está en dicir as cousas de xeito que ninguén as dixo nunca. O Festival de Cans é xustamente iso: orixinalidade, autenticidade e impacto. Todo o que pasa durante o Festival de Cans, o que xira arredor del, queda cravado na retina da xente, por iso as marcas confían na súa pegada. As empresas e entidades patrocinadoras e colaboradoras, saben que Cans ten un público fiel. Un público que valora e respecta todo o que o Festival xera e que, polo tanto, valora positivamente e respecta ás marcas que lle botan unha man a seguir en pé.

Poderíamos contarvos neste espazo todo o que reporta publicitariamente colaborar con Cans pero iso xa o podedes ver nesta ligazón. Sabedes de sobra que nos días que dura o certame, pasan por Cans máis de 12.000 persoas; que durante todo o ano, máis de 35.000 siguen fieis ao Festival a través das redes sociais e tamén que é un dos certames máis mediáticos do Estado. Que unha das nosas teimas é traballar para muscular o audiovisual galego, que estamos rodeados de amigas e amigos do mundo do cine, da música, da cultura. Que importantes marcas e entidades xa nos apoian, pero que precisamos máis. Iso todo xa o sabiades.

Aquí, neste espazo, só queriamos resaltar que axudar economicamente a Cans ten premio: o respecto do público. “Se queres a Cans, querémoste”, dirá a xente. Algo así.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

five × 1 =