Proxección das obras gañadoras

Última oportunidade para ver as curtametraxes gañadoras nesta edición do Festival de Cans! O venres 27 de maio proxectaranse na Sala Ingrávida do Porriño (calle Pérez Leirós,3) as curtas e videoclips gañadores nesta XIII edición. Contarase coa presenza de varios realizadores que comentarán co público as súas pezas audiovisuais. Continúe lendo Proxección das obras gañadoras

Música pangalaica e os campións do punk

No apartado musical hoxe celebraremos os 25 anos da Arroutada Pangalaica dos Diplomáticos de Montealto, que se estrearon precisamente no Porriño. Agora pechan un ciclo cun concerto especial no que subirán ao escenario unha morea de amigos. Continúe lendo Música pangalaica e os campións do punk

Actividades para nenas e nenos festivaleiros

Os máis pequenos tamén teñen hoxe dende ben cedo actividades para escoller no Festival de Cans. O parque do río estará en funcionamento todo o día con xogos tradicionais e xantares con menús infantís a prezos económicos. Pola mañá poderán asistir á proxección da longametraxe de animación Maimiño, de Ernestro Padrón, unha produción de Ficción Producciones e o Instituto de Cine Cubano.

web_trioacivro

Alecrín Monicreques poñerá en escena tres historias de amizade, unha delas localizada en Cans e todas elas cheas de personaxes que buscan a felicidade. De novo haberá escolma de curtametraxes de animación na Caixa de Mistos, que este ano propón tamén un obradoiro de filmes para nenos. E o Trío Acivro, un pai e os seus dous fillos, ofrecerán unha actuación didáctica e informal, con música clásica, de bandas sonoras inspirada no penedo do Beethoven ou Pianista de Cans.

Lembrade que tanto os monicreques como a actuación do Trío Acivro requiren entrada, cun custe de 3€, e que estarán á venda nos respectivos espazos de cada actividade: o Baixo de Carlos e o Cuberto de Pato.

Consultade toda a información do MiniCans aquí.

Dalle caña ás curtametraxes

Repasamos o programa de mañá, día grande do festival. En total este ano participan 18 curtametraxes na sección oficial a concurso, que nos demostran a fecunda realidade do noso audiovisual. Recuperamos a sección de animación e descubrimos unha canteira de directores e directoras que crean desde o éxodo en Bruxelas, Londres ou Lisboa. Por primeira vez haberá un encontro con todos eles na Leira de Alicia-Espazo Mahou. É o Dalle Caña, un coloquio cun formato informal no que presentarán a súas producións e debaterán sobre a aventura de iniciarse no audiovisual.

Nun dos espazos de programación paralela do certame, o Jalpón de Alicia, inauguramos sección: “Retratos de Familia”. Nela recóllense as obras dunha serie de creadores e creadoras novos que afondan no entrono familiar para crear unha cinematografía non convencional, experimental, arriscada e con moita dor persoal.

Alí mesmo presentarase o novo videoclip dos Diplomáticos de Montealto, “A Rabaleira”, dirixido por Pulpiño Viascón; o documental Joao Tomba, el regreso, de Alberto S. Lozano e que relata a estraña historia deste mítico músico e os seus vínculos co rockeiro vigués Indy Tumbita; e catro pezas inéditas dos grupos da Compostela Yeyé dos 50-60, recuperadas por Alfonso Espiño.

O día grande máis multidisciplinar
Podemos afirmar que a de 2016 é a edición máis multidisciplinar da historia do certame e, no día grande, mañá sábado 21 de maio, ademais de cinema e música teremos actividades dedicadas á danza contemporánea, a videoperformance, a gastronomía, o humor gráfico ou a literatura.

janetymercedes4_baixa

A bailarina Janet Novás e a música Mercedes Peón estrearán un novo espazo do festival, o Jaliñeiro Area, co seu espectáculo “Falar”. Compartirán esta gran xaula, creada no seu día para a cría de aves, co público facendo unha intervención de música e corpo pensada para espazos insólitos.

Se a nosa canción oficial se converteu xa no hit da primavera, podemos avanzar tamén que teremos novela oficial. O escritor e xornalista Carlos Meixide, que protagoniza a nosa sección Miradas de Cans, presentará na Sala Multiusos Cans, a segunda entrega da súa saga de literatura xuvenil, que promete ser un bombazo e que está localizada na nosa aldea. Neste mesmo espazo veremos as videocreacións do grupo Cintaadhesiva, realizadas por Area Erina; a curtametraxe documental“Cadencia”, de Virginia Rota e protagonizada por Janet Novás; e o documental O equilibrio dos opostos, de Alberto Baamonde, que relata as peripecias do cociñeiro Javier Olleros para manter en pé o seu restaurante Culler de Pau. Relacionada con esta última proxección e inaugurando tamén novo espazo, a Cociña da Señora Esther, Olleros liderará a acción gastronómica desta edición, presentando a sobremesa que deseñou especificamente para o festival. Unha auténtica delicatessen canina!

Consultade o programa completo do sábado neste enlace.

“Buscando a superfama”, mellor viedeoclip

O xurado dos videoclips da XIII edición do Festival de Cans, formado por Déborah Vukusic, Pablo González Batista, Teresa Cuíñas e Amaro Ferreiro, acordou outorgarlle o Premio ao Mellor Videoclip a “Buscando a superfama” de Heredeiros da Crus, dirixido por Olga Osorio, por ser un videoclip no que imaxe e música dialogan en igualdade de condicións, por ser unha peza que amplifica unha canción moi pegadiza e reflicte moi ben o seu contido, por representar á perfección ao grupo e o seu espírito, e por mostrar un gran equilibrio entre medios de produción e creatividade.

O xurado quixo facer tamén unha mención especial ao videoclip “El último esfuerzo” de Manos de Topo, dirixido por Alejandro Marzoa, por transgredir as fronteiras do videoclip e convertelo nunha curtametraxe, por ser técnicamente impecable e pola súa capacidade para facer unha parodia do grupo que alcanza a outras formacións musicais coas que Manos de Topo adoita compartir escenarios.


Esta noite coñeceremos tamén o mellor viedeoclip e a mellor obra da Can Parade segundo o criterio do público.

Dúas novas estrelas no Torreiro de Cans

Durante a xornada de hoxe, dúas personalidades relevantes do noso cinema deixarán a súa pegada no Torreiro dás Estrelas. Farano nunha placa cunha estrela que, desde hoxe, levará o seu nome no firmamento de Cans.

Trátase do actor Quique San Francisco, quen conta con máis de 60 producións ás súas costas traballando con algúns dos mellores directores do cinema español, tales como José Luis Cuerda, Adolfo Aristarain, Luis García Berlanga, Imanol Uribe, Manuel Gutiérrez Aragón ou Álex da Igrexa. Está especialmente sinalado pola participación no denominado “cinema quinqui” de finais dos 70 e principios dos 80, deixando a súa pegada no xénero en películas como Colegas, Navajeros ou El pico. Nos últimos anos a súa cara sóanos pola de personaxes en series de televisión como Cuéntame como pasó ou Gym Tony e polas súas intervencións en El club de la comedia.

quique

Tras a súa participación na dobraxe de Psiconautas, o actor acudiu a Cans para acompañar a Pedro Rivero na presentación da película e deixará a súa pegada no Torreiro das Estrelas hoxe ás 13.30h.

Á noitiña, Keka Losada, presidenta da Asociación Cultural Arela, conducirá a noite das homenaxes, un espazo no que queremos recoñecer o traballo das nosas creadoras e creadores máis destacados. Será entón cando Emma Lustres recibirá o Premio Pedigree’16 polo seu traballo á fronte de Vaca Films, na que cultivou grandes éxitos para as súas producións. É o caso de películas como O Descoñecido, de Dani da Torre (Premios Goya á mellor montaxe e mellor son, con oito nomeamentos en total e que acaba de recibir 12 Mestre Mateo, con 15 nomeamentos en total) e Cela 211, de Daniel Monzón (oito Premios Goya, entre eles o de mellor película e mellor actor para Luís Tosar). Tamén contribuíu a visibilizar a numerosos profesionais galegos, tanto directores, como técnicos, actrices e actores e, principalmente, a novos realizadores. Por todo iso, o seu nome e as súas “poutas” quedarán gravados desde hoxe no noso pequeno-gran paseo da fama.

SOMOS GENTE HONRADA RODAJE PELICULA EN A CORUÑA EMMA LUSTRES Y SANDRA

Pero os recoñecementos non quedan aí. Durante a noite das homenaxes, entregaremos os nosos Chimpíns de Prata a dous veciños que son fundamentais para que o Festival se poida levar a cabo, Chelo Fortes e Manuel Cid, así como a Xurxo Souto, que coa súa personalidade irresistible cada ano destaca os lances que teñen lugar en Cans, unindo arte, espectáculo e a vida na nosa singular aldea.

Iván Ferreiro e Delafé, banda sonora do día das homenaxes

O audiovisual continúa a expandirse hoxe no Festival de Cans nunha xornada marcada pola posta en valor dos creadores e creadoras galegos. Máis como xa é habitual aquí, non todo é cinema e a parroquia anegarase tamén polas propostas musicais. Unha delas é a de Iván Ferreiro, que enche os oídos e os corazóns de milleiros de afeccionados ao mellor pop-rock dende que nos 90 Los Piratas tenderon pontes entre o indie e o mainstream. Leva 13 anos en solitario, ensanchando os camiños da súa música en media ducia de discos repletos de cancións brillantes: “Turnedo”, “El equilibro es imposible” ou “Años 80”. Iván Ferreiro estará en concerto as 20h00 na Leira de Alicia-Espazo Mahou, con acceso libre ata completar o aforo limitado a 400 persoas (as pulseiras para entrar poderán recollerse a partir das 17h00 no posto de merchandising do festival).

Pola súa banda, Óscar D’Aniello chega a Cans de estrea total. Primeiro, porque nos presentará o seu documental Ciao Pirla!, que narra a súa emotiva odisea en bicicleta dende Barcelona ata Milán para levar as cinzas do seu pai ao seu lugar de orixe. E segundo, porque trala súa aventura de máis duhna década con Delafé y Las Flores Azules, presenta o seu novo proxecto musical, Delafé, e o seu primeiro disco con esta nova formación, La Fuerza irresistible. Un arsenal de cancións vitalistas que consolidan unha versatilidade moi pouco común na composición musical: pop, hip-hop, soul, funk, electro, disco, o seu inconfundible parafraseado, a súa enerxía incombustible e a autoría de mensaxes bala.

web_angel_carmona

No noso novo espazo para o esparcemento, a Leira de Alicia-Espazo Mahou, haberá sesión DiscoChimpín con Edu Romero DJ. Vigués, baixista dos desaparecidos Nadadora, cofundador de Coconut Producciones e apaixonado da música. Como bo fan do underground dos 90s e dos ritmos bailables promete un dos momentos máis movidos do festival. Ángel Carmona, que hoxe foi o noso espertador coa emisión en directo dende Cans de Hoy empieza todo, será tamén o encargado do peche da festa. Doses de boa música e un compendio de axitados guitarrazos nunha sesión Disco Chimpín só apta para os máis animados.

Día dos creadores e as homenaxes

Mañá no Festival de Cans temos unha xornada ben cargadiña de cinema dedicada ás nosas creadoras e creadores, pero tamén das ondas da radio, xa que Ángel Carmona emitirá Hoy empieza todo de Radio 3 en directo dende Cans a partir das 7h00. Durante o programa haberá un almorzo “Galicia Calidade” preparado polo barista Óscar de Toro con produtos amparados pola marca con bollería do chef Iván Méndez. Galicia Calidade vén colaborando con Festival dende hai anos, achegando bo gusto gastronómico e converténdose nun dos nosos patrocinadores máis significativos.

Ás 10h00 dará comezo a estrea das mellores curtametraxes feitas por escolares en Cans do Futuro. Deseguido, o sector darase cita nun encontro aberto de CREA, a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, moderado por Jorge Coira e coa presenza de Alexia Muíños. Alexia formouse como actriz e directora en escolas de Nova York e Barcelona, onde actualmente traballa en distintas facetas do mundo audiovisual. Compaxina a dirección cinematografica co cargo de vicepresidenta da Asociación Europea de Mulleres no Audiovisual (European Women’s Audiovisual Network, EWA), dende onde traballa para acabar coa desigualdade de xénero na industria do cinema europeo.

Seguemento aos creadores galegos
Ademais de ser un escaparate do audiovisual galego, Cans tamén ten na súa filosofía seguir aos creadores e creadoras que pasaran por este festival ao longo da súa traxectoria. Así, “Fill@s de Cans” converteuse nas últimas edicións nunha das seccións máis emblemáticas do certame. Nela os cineastas mostran ante o público as primeiras imaxes inéditas dos seus filmes, en moitos casos aínda en posprodución. Nesta edición, poderanse ver as primeiras imaxes de A liña de sombra, o documental que o coruñés Nicolás Combarro prepara sobre o fotógrafo Alberto García-Alix; Esquece Monelos, a ópera prima da cineasta Ángeles Huerta; Sicixia, o novo filme de Ignacio Vilar; a coprodución galego-uruguaia Migas de pan, de Manane Rodríguez; e Dhogs, as historias cruzadas made in Galicia que propón Andrés Goteira.

Pola súa banda, na sección “A que andas?” coñecerase o estado das primeiras longametraxes de Sonia Méndez, Alexia Muíños e David Hernández, así como do novo filme de Ramón Costafreda e do novo documental de Andrea Zapata-Girau. Boa parte deles xa participaran na sección competitiva ou noutras seccións de anteriores edicións de Cans.

SOMOS GENTE HONRADA RODAJE PELICULA EN A CORUÑA EMMA LUSTRES Y SANDRA

Noite das homenaxes
Coa noite, chegan as estrelas a Cans. A partir das 22h00 no Torreiro, Keka Losada e Federico Pérez farán entrega do Premio Pedrigree’16 á productora Emma Lustres, unha figura clave no cinema galego actual a través da súa empresa Vaca Films. Xa cunha longa traxectoria, ten colleitado grandes éxitos para as súas producións proporcionándolle unha gran visibilidade a numerosos profesionais galegos. É o caso de filmes como El Desconocido de Dani de la Torre e Celda 211 de Daniel Monzón. O festival quere recoñecer a súa sólida carreira e sobre todo a súa labor como impulsora dos profesionais galegos, tanto directores, como técnicos ou actrices e actores e novos realizadores.

cid

Do mesmo xeito, a organización do festival fará entrega dos Chimpíns de Prata ‘Premio Pepe Puime’ a Chelo Fortes e Manolo Cid, donos da “Casa do Cid”, que prestan apoio loxístico durante os días do evento para que alí poidan xantar os convidados do festival e ten feito en sucesivas edicións de cociña, sala de prensa, almacén ou lugar de reunión do xurado. Tamén se entregará este premio a Xurxo Souto, escritor, guionista e coñecido sobre todo como músico e cantante dos Diplomáticos de Monte Alto. Souto realiza un roteiro sonoro pola parroquia, que este ano repetirá con sorpresas durante a mañá do sábado do festival.

Xurxo_Souto2

Tamén farán entrega do premio á mellor obra da Can Parade e ao mellor videoclip; e proxectaranse o making of de Cans 2015, “O ano da ducia” -de Roi Guitián e María Lobo-, e o trailer do “Proxecto bar”, unha iniciativa cun obxectivo dobre: rescatar a memoria dos bares que están pechados na aldea e estimular ás veciñas e veciños de Cans para que se lancen á produción audiovisual.

Consulta o programa do venres aquí.
E o programa completo aquí.

“Psiconautas”, unha fantasía negra de animación

Esta mañá presentouse no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño Psiconautas, o filme de estrea de Cans 2016. Tras gañar o Premio Lurra Green Peace do Festival de San Sebastián en 2015 e, máis recentemente, o premio á Mellor Película de Animación no Golden Kuker-Sofia e o Stuttgart Film Festival, chega para proxectarse na súa estrea galega ante o público do festival. Tal e como apuntou o seu codirector, Pedro Rivero, “péchase así unha etapa do filme que comezou coa curtametraxe Birdboy, que gañou en Cans no 2011″. O director describiu ao filme como “unha fantasía negra realista de animación para adultos, pero tamén para todos os púlicos” e quixo destacar que “hoxe en día a produción de obras de animación en Europa está medrando e xa non se limita soamente a países asiáticos”.

Enrique San Francisco, actor de dobraxe do filme, quixo facer fincapé na súa ledicia ao compartir de novo proxecto con Pedro e avanzaron que esta non será a última. Tamén quixo lembrarse dos novos realizadores e realizadoras, filosofía que comparte coa esencia do festival, e das dificultades económicas que ás veces teñen para sacar os seus proxectos adiante.

Alfonso Pato, director do Festival de Cans, pola súa banda, salientou a parte galega da produción de Psiconautas, levada a cabo pola produtora Zirzocine, alegando que “os seus impulsores, Farruco Castromán e Luís Tosar, sempre amosan o seu apoio ao festival intentando vir a el edición tras edición cos filmes que producen”. Tamén amosou o seu apoio ao certame María José Giráldez, presidenta do Círculo Recreativo e Cultural do Porriño, amosando o seu desexo de poder colocar o can amarelo, emblema do festival, nos próximos anos e agardando “mil primaveras máis para Cans”.

rolda_psiconautas2_web

O actor Enrique San Francisco colocará a súa estrela no Torreiro de Cans

Enrique San Francisco, actor que prestou a súa voz para un dos personaxes principais de Psiconautas -o filme de estrea da XIII edición do festival- presentará o próximo xoves 19 a longametraxe no Circulo Recreativo e Cultural do Porriño. Continúe lendo O actor Enrique San Francisco colocará a súa estrela no Torreiro de Cans

Mañá terá lugar a venda física de entradas en Cans!

Tras esgotar as entradas dispoñibles online, o Festival de Cans venderá mañá, venres 13 de maio ás 19h00 no Torreiro de Cans, a últimas 100 entradas para acudir á proxección das curtametraxes a concurso desta edición. Continúe lendo Mañá terá lugar a venda física de entradas en Cans!

Retomamos a venda de entradas!

A partir do mércores 4 de maio ás 12h00 poñeranse á venda on line máis entradas para esta edición do Festival de Cans, que darán acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 21 de maio. Poderán adquirirse a través da nosa tenda virtual  ata o próximo 11 de maio ás 23h59. Continúe lendo Retomamos a venda de entradas!