Baixo de Bugarín

Baixo de Bugarín

É o baixo máis grande do festival e o que pode acoller máis xente durante unha proxección: arredor de 150 persoas. Aquí celébranse algunhas proxeccións paralelas de pago. Ten o chan de terra. Por alí sempre andará Mucha coa súa recua de gatos que a acompañan todo o tempo. Ó lado, podedes ver o vello Cuberto de Bugarín que foi unha das salas históricas nas que naceu o festival en 2004 e o canastro onde Víctor Coyote fixo dúas actuacións memorables en anteriores edicións