Pedro Díaz curta La Entrega

CANS UN FESTIVAL TALISMÁN PARA OS PREMIOS GOYA

Con máis dun cento de obras audiovisuais proxectadas na pasada edición, o Festival de Cans convértese ano tras ano, nun gran escaparate e nun festival talismán para os Premios Goya. A curtametraxe “La Entrega”, de Pedro Díaz, que recibiu en Cans o Premio do xurado, estará este ano entre as cinco nominadas finais para acadar o Goya na categoría de curtametraxe de ficción. A obra tivo ademáis a súa estrea absoluta na pasada edición do festival.

E dúas das obras que son finalistas na categoría de mellor película de animación, son coñecidas tamén para o público fiel de Cans, que tivo a ocasión de ver en exclusiva as primeiras imaxes desas películas na sección “Fillxs de Cans”. Por un lado “Unicorn Wars”, de Alberto Vázquez -que gañou en dúas ocasións o Festival de Cans- e por outro “Os demos de Barro”, de Xosé Zapata e o portugués Nuno Beato. Todos estes autores pasaron por Cans para amosar estas imaxes inéditas e ter este privilexiado encontro co público.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

5 × three =