Información xeral

ONDE XANTAR

Durante o festival

> Parque do río

Bar oficial do festival. Nesta zona, preparada para o desfrute de toda a familia e con actividades para os máis cativos, poderedes desfrutar dun agradable xantar ó borde do río. Hai churrasco, bocatas e menú especial para nenos.

apb9891

> Cans Voulevar

Bar oficial. O Cans Voulevar é un dos sitios máis animados do festival; mercadiño, actuacións musicais, etc. Aquí pódense comer produtos do mar, case sempre navallas e mexilóns, acompañados dun bo viño ou unha caña.

Durante todo o ano

> Bar Fortes

O Bar Fortes é o bar máis emblemático de Cans, leva máis de cen anos facendo de pousada, casa de xantares e tenda de ultramarinos. Durante o ano está sempre moi concurrido e é un bo lugar para xantar comida caseira. Durante o festival non serven comidas en mesa, pero si bocadillos ou tapas.

Tlf. 986331142

> O Rincón de Olga

A nosa veciña Olga rexenta este bar de tapas sito en pleno Cans Voulevar, nunha casa que orixinariamente era a vella escola. Olga é unha cociñeira de longa traxectoria e con moito oficio e iso nótase nas riquísimas tapas que serve. Tamén ten un menú económico e fai comidas por encargo como cocido ou callos.

Tlf. 675214231

> O Lar de Maximina

Lugar para tomar unhas boas tapas e gozar dende a súa galería dunha magnífica vista do Monte Castelo. Abre todo o ano pero os días do festival convén reservar. Vindo desde O Porriño, está sinalado na entrada de Cans á dereita, desviándose uns 50 metros. Cerca do antigo Bar Moncho.

Tlf. 986334831

> Restaurante Guanabara

Ubicado no barrio das Sequeiras, no medio do traxecto dende o centro de O Porriño a Cans. O Guanabara é un clásico da vella ruta dos camioneiros para xantar un bo churrasco, ademáis de tapas variadas. Ten un inmenso parking que recoñeceredes porque sempre hai camiónns aparcados. Os días do festival cede o parking para uso do público.

Tlf. 986331140

ONDE DURMIR

> Hotel Internacional

O “Inter” é o hotel oficial do festival, onde se hospedan a maioría dos xurados, músicos e convidados. Normalmente está cheo e reservado case enteiro pola organización, pero ás veces teñen algunha habitación libre. O bus que sube a Cans para xusto diante.

Tlf. 986330262

> Hotel Parque

Atópase no centro de O Porriño, no Parque do Cristo. Ten unha fermosa terraza baixo as árbores. É outro dos hoteis que ten parte reservada pola organización, pero con tempo poden conseguirse habitacións. A parada onde se colle o bus para Cans encóntrase moi próxima ao hotel.

Tlf. 986331504

> Hostal Maracaibo

Recentemente reformado, o Maracaibo está sito en pleno Camiño Portugués, á beira da Igrexa de San Benito. No bar do hostal serven boas tapas e bocadillos. A parada do bus de Cans está a cinco minutos andando.

Tlf. 986330901

> Hostal Louro

Posiblemente o hostal máis económico do pobo. En pleno centro, xusto ao lado do paso a nivel e moi preto do albergue de peregrinos. A parada de autobús para subir a Cans atópase moi próxima.

Tlf. 986330048

> Hotel Azul

Tamén no centro de O Porriño, na Avenida de Galicia. Hotel moi económico, cun gran parking público ao lado. Do hotel á parada de bus de Cans hai poucos minutos camiñando.

Tlf. 986330032

> Hostal El Puente

Hostal construido recentemente, é maiormente utilizado entre semana por traballadores do Polígono Industrial de As Gándaras. Ten boas habitacións a bo prezo. Está na estrada vella deTui. A zona ten aparcamento e a parada de autobús de Cans está a dez minutos andando.

Tlf. 986348094

ONDE MERCAR

> Posto de merchandising do festival

Durante o festival é o mellor lugar para mercar un recordo. Dende a popular camiseta ata chaveiros, pegatinas, tazas ou imáns de pedra para poñer na neveira. Aquí tamén poden comprarse os “Cans”, moeda oficial do festival.

_APB8048

> Artesanía Candán

No barrio das Sequeiras, vindo dende O Porriño para Cans, á esquerda está o espazo de exposición e obradoiro do noso artesán Paco Candán, autor do célebre Can de Pedra, premio que distingue aos gañadores do festival.

Premio Can de Pedra

> Tía Tata

Tenda especializada en artículos infantís. Durante o ano é un dos espazos onde se pode mercar merchandising do festival, xa que conta cunha licenza específica para a venda do mesmo. Está en O Porriño, nos soportais, moi cerca do marabilloso edificio do Concello.

> Xoiería Covelo

Os Covelo son unha familia de gran tradición na artesanía xoieira do noso pobo. A xoiería está sita ao lado da igrexa de O Porriño. Colaboradores do festival, no seu obradoiro fabrican pendentes, colgantes e pulseiras en prata de lei coa silueta do can. Fan poucas unidades, convén encargalos previamente.

> Tenda online do festival

Ademáis das tendas e espazos físicos que se especifican, o festival ten aberta todo o ano a súa tenda virtual. Nela pode mercarse merchandising e tamén as demandadas entradas nas semanas previas previas ao evento.