Fill@s de Cans

Cada ano, “Fill@s de Cans” é unha sección onde realizadoras e realizadores vinculados ao festival nos traen un prezado agasallo: as primeiras imaxes inéditas dos seus filmes que aínda non foron estreados. En primicia, para os fieis do Festival de Cans. Este ano teremos unha sección moi completa con avances de obras de ficción, de documentais e de animación.  Vas poder velo en Cans, antes que en ningún sitio. Diana Toucedo, Alberto Vázquez, Luis Solarat… un luxazo.

Venres 26 | 16h00 | Baixo de Moncho