BUDIÑO

Sábado 25 | 19h30 | Invernadoiro de Mucha do Peso
Concerto Presentación de Fulgor | Prezo: 5€

Despois de tocar en escenarios de todo o mundo e de seis anos de silencio Budiño publicaba en xaneiro deste ano Fulgor, un disco composto e producido por el mesmo, e no que tamén adaptou poemas de Antía Otero e escribiu as letras en colaboración con artistas como Xoel López, Vega ou Depedro. Neste traballo, que supón o sétimo disco da súa carreira, da un sorprendente xiro cara o pop-indie e un paso adiante na interpretación ao cantar todos os temas de Fulgor. A actuación que dará o sábado será unha oportunidade única para coñecer de primeira man o seu álbum máis libre de xénero, máis plural e máis contemporáneo, ou como el mesmo o define, un “universo musical cun pé na raíz e outro no abismo”.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

3 − 3 =