XURADO DOS VECIÑOS E VECIÑAS
Feliciano Pérez, “Felix do Painzal”. Naceu no Barrio do Painzal, ten 68 anos e está xubilado da industria da madeira.
Yohana Solla. Vive no Barrio da Graña, ten 39 anos. É traballadora da empresa Frigolouro.
Antonio Oya, “Tonio de Sánchez”. Ten 70 anos e traballou como taxista aínda que agora está retirado. Vive no Barrio de Eidos.
Senén Táboas. Senén é colaborador do festival desde pequeno, no que foi guía dos camiños. Ten 19 anos, vive na Graña e estudia un ciclo superior de Medio Ambiente.
Alfira Alfonso, “Alfi”. Traballou durante tres décadas como limpiadora do Círculo Recreativo. Ten 74 anos e vive nos Eidos do Medio.