VALENTINA

 

Dirección: Chelo Loureiro Guión: Chelo Loureiro e Lúa Testa Produtora: Albano Filmes Vai de: O soño dunha nena con síndrome de Down, Valentina, é ser trapecista.  Só a súa avoa cre nela, pero un día a avoa desaparece sen despedirse e Valentina embárcase nunha aventura cos seus amigos para atopala. Estado: En fase de posprodución final O detalle: O pasado ano poidemos coñecer na sección ‘A que andas?’ a última versión do guión de Valentina, co que Chelo Loureiro debuta na dirección. Gravou o tema musical con grandes voces galegas en pleno confinamento.

Coa presenza de Chelo Loureiro.