USOS E COSTUMES

2020 | 14’ 11’’ | España| Sen diálogos | Estrea mundial

Dirección: Iria Silvosa Vai de: Unhas cadelas coñécense mentres un home mira o mar e decátase de que o observan. Unha nena achégase ao mar e invoca as ondas; outra soterra a súa nai. Unha muller fai probas para un selfie e tamén repara en que a gravan. Unha nai fotografía o seu fillo malia a inquedanza deste. Outra muller corre de costas tentando captar a inmensidade da auga. O sol fai do ceo un degradado. A lúa aparece. O detalle: Despois do seu paso por Cans en 2016, Iria Silvosa volve ao festival para estrear esta curta rodada en Mini Dv.