ULISES
2022 | 24’ | España | Galego

Dirección e guión: Félix Brixel Produción: Suso López, Félix Brixel, Laura Doval, Andrés Goteira Produtora: Gaitafilmes Fotografía: Paula Quiroga Montaxe: Eloy Enciso, Félix Brixel Banda Sonora: Johann Sebastian Bach Intérpretes: José Luis “Trinky”, Diego Anido, “Flako” Estévez Xénero: Ficción Vai de: Ulises sofre un severo trastorno psicomotor, por iso coida del o seu irmán. Un día deixa a casa familiar e decide enterrarse en vida. O irmán, desesperado, atópao e convénceo para volver, pero xa non sabe que facer para protexelo. O detalle: Félix Brixel, profesor universitario, dirixiu traballos de aprendizaxe como A cat in the window (2018), Mención do Xurado no Festival de Cans. Esta é a primeira curta profesional do creador de Boiro, presentada na sección oficial do Festival de Málaga.