TRÍO ACIVRO e FEDERICO PÉREZ

Conto musical, narrado polo actor Federico Pérez.
Sábado 21 | 20 h. | Cuberto de Pato
Capacidade: 80 persoas

O cuberto de Pato acollerá Os cans de Cans, conto musical composto para o noso festival por Nicasio Gradaille, catedrático de Piano, pianista e membro fundador do Taller Atlántico Contemporáneo. A súa estrea mundial foi con nós o ano pasado e tamén ten unha versión en libro ben chula, que tamén presentamos en 2021, na ‘Noite dos veciños’. O can amarelo máis famoso do mundo é o protagonista desta divertida historia que, botando man de numerosas referencias cinéfilas, narrará o actor Federico Pérez, a quen acompañará a fermosa música interpretada por un dos favoritos do público cativo de Cans, o Trío Acivro: Luis Soto, frautista da Real Filharmonía de Galicia, e os seus fillos Lucas, violín, e Cecilia, violoncello.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

15 + 8 =