TO THE SEA (Ata o mar)

 

2019 | Suíza | 30’ | Sen diálogos | Drama | Estrea en Galicia

Dirección e guión: Julian M. Grünthal Cámara: Guille Vázquez Montaxe: Jann Einegg Música: Michael Sauter Son: Adrian Pfisterer Escenografía: Isabelle Simmen Vestiario: Ursina Schmid Reparto: Hagar Admoni, Carlos Leal, Nikolaus Schmid, David Wurawa Produción: Judith Lichtneckert Produtora: Emilia Productions Vai de: María, a viúva dun pescador desaparecido no mar anos atrás, non atopa a paz interior. Pero un día, logo dunha tormenta, ve o seu home aboiando no mar… vivo. O seu profundo desexo de amor lévaa a crer o imposible. O detalle: Entre as localizacións da rodaxe están Galdo, a lonxa de Celeiro ou o Monte San Roque (Viveiro), e a praia e a contorna de Morás, en Xove. Nexo galego: A dirección de fotografía asínaa o viveirense Guille Vázquez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *