TEGOYO
2022 | 7’ | España | Francés, inglés | Subtítulos en castelán | Estrea en Galicia

Dirección, guión, fotografía, montaxe: Guillermo de Oliveira Produción: Liliana Díaz Castillo, Lucía Dapena González, Matheus Mello Reparto: François Pageau Vai de: En 1968, o lendario cineasta alemán Werner Herzog rodou na illa de Lanzarote a súa película Tamén os ananos empezaron pequenos. Máis de medio século despois, un peculiar científico intentará recuperar sons do pasado. O detalle: A ópera prima de Guillermo, Desenterrando Sad Hill, foi candidata en 2019 ó Premio Goya ó Mellor Documental. A filmación de Tegoyo, rodada en Lanzarote, estivo tutelada por Werner Herzog.