TAN SÓ O DEMO LEMBRA

2022 | 5’ 31’’ | España | Castelán | Estrea absoluta

festival de cans 2023: TAN SÓ O DEMO LEMBRA
Dirección, guión, produción, montaxe, fotografía e música: Daniel Iglesias González Reparto: María Digna Somoza (narración) Vai de: Escasos 200 metros hai entre os carteis de entrada e saída de Nadal. Situada entre provincias, nesta pequena aldea de non máis de 20 casas viviu a familia materna do director durante unha parte das súas vidas. Ir de pequeno era sempre unha gran alegría para Iglesias: ver á bisavoa, o cocido, estar con León e cos gatos, a horta do avó, coller amoras nas silvas da volta… Pero agora iso só son lembranzas difusas. Quedan aínda fotos, historias nas memorias da avoa e da nai, algunha pintura ou as imaxes do Street View. Cambiou algo realmente? O detalle: Finalista tamén na categoría de videoclips, e formado na Universidade de Vigo, Daniel Iglesias achégase á memoria de Nadal, a aldea da que procede a súa familia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

seventeen + 10 =