SOMOS CÁRCERE

Sábado 4 | 10 e 13.30 h. | 16.30 e 20 h.

En: Casa de Mari-Nattex, Baixo de Moncho-Quobis, Baixo de Alfonso-Gumerjo, Cuberto de Chelo-Godoy Maceira e Casa do Carreira-Berma.

Aforo: 50 persoas en cada espazo. MERCAR ENTRADAS.       

2021 | 13’ 43’’ | España | Galego | Estrea en Galicia.

Dirección, guión e montaxe: Irene Pin Produción: Cristela Torres Fotografía: Lucía C. Pan Son: Dani Ameneiro Música: Iria Iglesias Reparto: Sara Ferro, Fernando González, Andrea Peiteado Xénero: Ficción.

Vai de: Elba leva un tempo á deriva, deixándose arrastrar pola inercia: a monotonía dun traballo precario, a festa como evasión. Unha mañá érguese soa, espida, despois de acabar por enésima noite coa persoa equivocada. Cando quere marchar, descobre que Toni deixouna fechada por accidente. Mentres agarda nesa claustrofóbica soidade, coa gata Mei por única compaña, Elba terá que se enfrontar ás súas pantasmas. Porque o peor cárcere está na nosa mente.    z

O detalle: Sempre cunha interesante mirada desde o punto de vista da muller, Irene Pin debuta nas curtas de ficción logo de crear e dirixir a primeira webserie interactiva en galego, Amnesia 3.0.