SÓ AS ÁRBORES COÑECEN O SON DAS BALAS

Sábado 4 | 10.30 e 17 h.

En: Baixo de Bugarín-Blackbird Barber.

Aforo: 60 persoas. MERCAR ENTRADAS.   

2021 | 12’ 40” | España | Galego | Estrea 

Dirección, produción, fotografía, montaxe e son: Rebeca Lar Guión: Rebeca Lar, baseado nas investigacións de Julio Prada, Aurora Marco e Xoán Carlos Abad.

Vai de: Só as árbores coñecen o son das balas é unha conversa audiovisual, unha reflexión sobre o a paisaxe e o territorio galegos, unha primeira aproximación á investigación de diversos acontecementos relacionados coa guerra civil na provincia de Pontevedra. Nesta curtametraxe descríbense casos concretos con pinceladas esbozadas, outorgando importancia á natureza como testemuña de todas as accións relatadas e, probablemente, de moitas máis.

O detalle: Rebeca Lar regresa por segunda vez a Cans cunha obra que se achega de xeito singular á memoria dun lugar no que segue presente una historia terrible: a da Volta dos nove.