SEASON

2019 | 7’ | Francia | Sen diálogos | Estrea en Galicia

Dirección e guión: Giovanna Lopalco Produción: Pascaline Saillant e Giovanna Lopalco Son: Andrea Martignoni Montaxe: Lorenzo Latrofa Animación: Dalia Rovazzani e Giulia Landi Vai de: Tres misteriosos homes vestidos de branco acompañan unha muller nunha estraña procesión. Logo de soterrar un ameazante niño de avésporas, a muller queda soa a velar o lugar. Esa paisaxe escura agocha un universo biolóxico en perpetuo movemento que transformará para sempre o corpo da protagonista. O detalle: Prometedor debut na animación desta italiana residente desde hai anos na Coruña. Levou o Premio Animario Praza Río, organizado por Matadero Madrid.