SAUERDOGS

2022 | 15’ | España | Galego | Estrea en Galicia

Dirección e montaxe: Guillermo de Oliveira Produción: Luisa Cowell, Guillermo de Oliveira Produtora: Zapruder Pictures Guión: Guillermo de Oliveira, Héctor Rojo Fotografía: Carlos de Miguel Arte: Ysrael Sanchez Son: Javier Duch Música: Zeltia Montes Reparto: August Diehl, Jonathan D. Mellor Xénero: Ficción Vai de: O inverno adiantouse. Bill e Hans, dous fracasados buscadores de ouro nunha maltreita zorra de cans, tentan regresar a casa. A través dun inhóspito val nevado, exhaustos e coas mans baleiras, a súa marxe para o erro esgotouse. Cando un dos cans non pode continuar, os cimentos da súa lealdade empezan a fender.

O detalle: O vigués Guillermo de Oliveira, finalista do Goya ao mellor documental con Desenterrando Sad Hill, regresa ao territorio do western con esta curta con BSO de Zeltia Montes, gañadora do Goya pola música de El Buen Patrón, de Fernando León.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

two × 3 =