SACRIFICIO
2023 | 6’ | Alemaña | Alemán | Estrea en España

Dirección, guión, produción e montaxe: Xabier Rúa Pérez e Xosé Dopazo Santos Fotografía: Xabier Rúa Música: Helmut Lachenmann Banda sonora: Mouvement (– vor der Erstarrung) Intérpretes: Lilith Burkamp Xénero: Ficción Vai de: Unha muller vaga perdida á través dun misterioso bosque no que todos os camiños conducen ó mesmo lugar. Desesperada, continúa infatigable a súa marcha pois ten unha importante misión que cumprir. Unha reflexión sobre a necesidade do ser humano de lle atopar un sentido á súa existencia, unha busca inexorable para fuxir do profundo medo que provoca a posibilidade do absurdo e que termina converténdose nunha fuxida á través dun labirinto, nun bosque de sendeiros que se bifurcan, se entrelazan e retornan ó punto de saída.
O detalle: Xabier e Xosé coñecen ben o Festival de Cans, no que estrearon, na 18ª edición, a súa curtametraxe A cova.