RUMBO A ELEUSIS

 

Sábado 4 | 10 e 13.30 h. | 16.30 e 20 h.

En: Casa de Mari-Nattex, Baixo de Moncho-Quobis, Baixo de Alfonso-Gumerjo, Cuberto de Chelo-Godoy Maceira e Casa do Carreira-Berma.

Aforo: 50 persoas en cada espazo. MERCAR ENTRADAS.     

2021 | 10’ 05” | España | Sen diálogos | Estrea

Dirección, guión, montaxe, fotografía, son e música: Borja Santomé Rodríguez Produtora: AECID (Proyecto Ventana) Xénero: Animación.

Vai de: Rumbo a Eleusis é unha viaxe de imaxes e sons que nos falan do máxico e do sobrenatural nun mundo moderno. Trata das situacións trascendentales que invaden o cotián por sorpresa, guiándonos polo fluír da vida ao mesmo tempo que nos dan claves para comprender o noso subconsciente.

O detalle: Borja Santomé medrou como curtametraxista en Cans, onde en 2018 levou o Premio do Xurado á mellor curta de animación por El Reloj. Nesta edición estrea a súa nova curta, facturada en París, lugar de residencia do realizador.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *