ROTEIRO LITERARIO CON CARLOS MEIXIDE

Venres 4 | 10.30 h. | Saída do Torreiro de Cans | Máximo 20 persoas (con preinscrición)

O escritor Carlos Meixide acompañaranos aos recunchos menos coñecidos da parroquia, onde transcorre Cans, a súa popular novela de aventuras para público adolescente; un libro ilustrado pola pintora María Meijide que centra a trama nun grupo de rapaces que acoden a Cans a rodar unha curta durante o festival.