Retrospectiva de curtametraxes de João Nicolau

Venres 20 | 17 h. | Baixo de Bugarín
Capacidade: 75 persoas

Coa presenza do director, João Nicolau, que fará unha introdución das curtas que se van proxectar.

RAPACE

2006 | 23’ | Portugal | Portugués | Subtítulos en español

Dirección e guión: João Nicolau Produción: Sandro Aguilar, Luis Urbano Produtora: O Son e a Fúria Montaxe: João Nicolau, Miguel Gomes Fotografía: Mário Castanheira Son: München Xénero: Ficción, comedia Reparto: Hugo Leitão, Lia Ferreira, Manuel Mesquita, Márcia Breia Vai de: Unha comedia xeracional feliz, xogadora e irónica, cun antiheroe en pixamas verdes, vagamente godardiano, que exercita o seu diletantismo molestando á criada, lendo libros de autores descoñecidos e compoñendo a letra dun rap sobre o seu barrio.

CANÇAO DE AMOR E SAÚDE

2009 | 34’ | Portugal e Francia | Portugués e francés | Subtítulos en español

Dirección e guión: João Nicolau Produción: Luis Urbano, Sandro Aguilar, Justin Taurand Produtora: O Son e a Fúria, Les Films du Bélier Montaxe: João Nicolau, Francisco Moreira Fotografía: Mário Castanheira Son: Ricardo Leal Xénero: Ficción, comedia Reparto: Norberto Lobo, Marta Sena, Ana Francisca, Helena Carneiro, Andreia Bertini, Miguel Gomes Vai de: João traballa nunha galería comercial subterránea deserta. O seu comercio, Chaves Morais, no que copia chaves, pronto recibirá unha máxica visita: Marta de la Colline, unha estudante de arte que precisa un duplicado dunha chave moi particular.

O DOM DAS LÁGRIMAS

2012 | 27’ | Portugal | Portugués | Subtítulos en español

Dirección: João Nicolau Produción: Luis Urbano, Sandro Aguilar Produtora: Fundação Cidade de Guimarães Guión: João Nicolau, Mariana Ricardo Montaxe: João Nicolau, Francisco Moreira Fotografía: Mário Castanheira Son: Vasco Pimentel Música: Munchen Xénero: Ficción Reparto: Ana Sofia Ribeiro, Filipe Mesquita, Sandra Marcos, Nuno Rodrigues, Frederico NS, Lígia Soares, Helena Carneiro Vai de: Un cazador atopa unha princesa que chora moito.

GAMBOZINOS

2013 | 18’ | Francia e Portugal | Portugués | Subtítulos en español

Dirección e guión: João Nicolau Produción: Luis Urbano, Sandro Aguilar Montaxe: João Nicolau, Telmo Churro Fotografía: Mário Castanheira Son: Vasco Pimentel Música: Mariana Ricardo, Eels Xénero: Ficción, fantástico Reparto: Tomás Franco, Paulo Duarte Ribeiro, Pedro Leitão, Isabel Portugal, Ana Sofia Ribeiro Vai de: Un neno de dez anos enfróntase ás dificultades da vida nun campamento de verán. Non é fácil que te ignore a rapaza que che gusta, enfadada ao ver o seu dormitorio revolto por uns falcatrueiros. Afortunadamente, no bosque, os haggis salvaxes insisten en manterse fóra de vista.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

7 + sixteen =