Rapa

Xoves 19 | 20.30 h. | Círculo Recreativo Cultural do Porriño 
Capacidade: 250 persoas
2022 | Episodio 1 |  50 minutos | España | Castelán | Estrea

Unha serie orixinal de Movistar Plus+ en colaboración con Portocabo. Produción executiva: Domingo Corral, Alfonso Blanco, Susana Herreras. Guión: Pepe Coira e Fran Araújo. Dirección: Jorge Coira, Elena Trapé. Dirección de produción: Ana Míguez. Dirección de fotografía: José Luis Berna. Dirección de arte: Marc Pou. Montaxe: Gaspar Broullón e Óscar Pardo. BSO: Xavi Font. Reparto: Javier Cámara, Mónica López, Lucía Veiga, Eva Fernández, Toni Salgado, Ricardo de Barreiro, Berta Ojea, Jorge Bosch, Santi Prego, Paula Morado, Adrián Ríos, Iria Sobrado, Tito Asorey, Mabel Rivera, Víctor Mosqueira, Nacho Castaño, Lara Boedo. Xénero: Thriller. Episodios: 6 de 50 minutos.O detalle: Rapa é unha serie dos creadores e do equipo da exitosa Hierro.

Vai de: Amparo Seoane, a alcaldesa de Cedeira e a muller con máis poder da volta, aparece asasinada. Resolver o caso convérterse nunha obsesión para Maite, sarxento da Garda Civil, e para Tomás, a única testemuña do crime. Para Maite, polo seu traballo, atopar o asasino é unha obriga; para Tomás, un home frustrado, profesor de Literatura no instituto local, a oportunidade –posiblemente a última– de vivir –e tal vez poder contar— unha historia coma as que lle apaixona ler. A investigación involucrará a todo o pobo. Todos, dun xeito ou doutro, estaban relacionados con Amparo. Todos tiñan algo que gañar, ou perder, coa súa morte.

strong>COLOQUIO | 21.30 h.

Ao rematar a proxección haberá un coloquio coa presenza dos creadores e guionistas da serie, Pepe Coira e Fran Araújo; o produtor executivo, Alfonso Blanco; as actrices Mónica López, Mabel Rivera, Lucía Veiga, Eva Fernández; e o actor Ricardo de Barreiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

two × two =