PROXECTO “SENTA”

Camiños da aldea | Aberta o venres 4 e sábado 5 todo o día 

Na última edición de Cans, o arquitecto Juan Creus, profesor tamén da ETSAC (Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña), coordinou coas súas alumnas e alumnos un proxecto para recuperar todos os espazos da aldea onde a xente tiña o costume de sentar a descansar. Desde pedras improvisadas á beira das fincas de labranza ata bancos feitos con refugallos debaixo de árbores, pasando por vellos bancos á beira da igrexa ou onde houbo en tempos algún bar: todos eses lugares de repouso conectan co feito de sentar e contemplar, do mesmo xeito que o fai un espectador nunha sala de cine. Este ano, coa irrupción da Covid-19, cómpre revisitar esas zonas de repouso e reflexionar sobre o seu uso aplicando as novas normas de distanciamento social. Porque, na nova normalidade, parece que xa nin o acougo pode ser como era antes.