PREMIO PEDIGREE’ 20: MANANE RODRÍGUEZ

Venres 4 | 22.30 h. | Espazo Estrella- Leira do Río  | Aforo: 300 persoas sentadas (con preinscición)

Manane Rodríguez converterase nesta edición na primeira directora que recibirá o galardón de honra do Festival de Cans, o Premio Pedigree. Nacida no Uruguai na metade dos 70 e unha fundadoras da produtora Xamalú Filmes, dirixiu catro películas de ficción que a retratan como unha cineasta feminista valente, comprometida e activista, cunha obra caracterizada polo rescate da memoria e pola resistencia. No seu currículo destacan o Premio Ópera Prima no Festival de Peñíscola (por Retrato de una mujer con hombre al fondo, 1996) e unha Mención Especial do Xurado da Prensa Internacional da Seminci de Valladolid (por Los pasos perdidos, 2001). En 2016, foi elixida para representar a Uruguai nos Óscar coa produción galego-uruguaia Migas de Pan.