POLO CORREO DO VENTO

Conmemoración do centenario do nacemento da actriz María Casares
Sábado 21 | 18 h. | Cuberto de Antonio
Capacidade: 60 persoas

A través de elementos como a narración oral, a música e os debuxos ao vivo, Polo Correo do Vento achegaralle aos máis cativos a intensa vida desta artista que se converteu nunha gran estrela internacional, especialmente querida e recoñecida en Francia. Os storyboards son as follas de ruta debuxadas, os esbozos dos filmes, dos que directoras e directores botan man para analizar os planos das súas películas. Outro ano máis, con Polo Correo do Vento —un colectivo especializado en actividades lúdicas que promove a lectura, a creatividade e a comprensión oral en galego— imos aprender de cine, imos aprender de María Casares e da vida, no centenario do seu nacemento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

two × three =