PERRUNILLAS

Sábado 4 | 10 e 13.30 h. | 16.30 e 20 h.

En: Baixo de Bugarín-Blackbird Barber.

Aforo: 60 persoas. MERCAR ENTRADAS.   

2020 | 10’ 24” | España | Castelán e castúo, con subtítulos en galego e en castelán | Ópera prima

Dirección, guión, montaxe e son: Dena Parro Produción: Dena Parro, Santi Teijelo Fotografía: Santi Teijelo Reparto: Antonia Moreno Carrasco, Dena Parro Márquez.

Vai de: Mudan os tempos e a xente maior vive nas grandes cidades mentres que a xente nova busca achegarse á vida rural. Na aldea na que se criou a súa avoa, Almudena decide cociñar o doce típico adaptando a receita aos novos tempos.

O detalle: Dena Parro, estremeña establecida en Galicia, pasou tamén polo festival Alcances con esta obra na que o desarraigamento está moi presente.