PARAFUSO
2022 | 8’ 40” | España | Galego | Estrea absoluta

Dirección e guión: Rocío Torres Pumeda Produción: CT207E- Subvencións de creación audiovisual Montaxe: Alex Penabade, Rocío T, Pumeda Música e Banda Sonora: Xavi Bértolo Intérpretes: María Tasende, Carlos Villa, Xulio Abonjo, Xoque Carvajal, Manolo Arauxo, Celia Tena Gómez, Magdalena Portela Xénero: Ficción Vai de: Magda é unha muller de 47 anos. Hai un ano que lle diagnosticaron PAS, un trazo da personalidade que non se considera un trastorno psiquiátrico, senón que fai referencia a unha persoa altamente sensible. Moitas persoas con PAS son brillantes; outras poden sufrir ansiedade, fobia ou depresión crónica. Conseguirá Magda os recursos para saír adiante? O detalle: Unha mirada con perspectiva de xénero sobre un tema de total actualidade: a saúde mental.