PAPÁ, POR QUE QUITAS A MÚSICA?

2020 | 11’ | España | Galego | Estrea mundial

Dirección e guión: Ariadna Cordal Fotografía: Andrea Alonso Son: Juan Garrido Música: Dani Cornes Montaxe: Andrea Alonso Elenco: Víctor Mosqueira, Manuel Estévez e Olga González Vai de: Por mor dunha situación económica adversa, un pai perde o traballo e cae nunha depresión. Cando a relación coa súa familia vai a peor, a muller e o fillo intentan axudalo. O detalle: Por segunda vez, unha obra desta realizadora cambadesa é seleccionada no Festival de Cans. Esta curta chega despois de que Ariadna avanzase na súa formación como cineasta no Eckerd College de Florida (EE.UU.).